Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

BENVIDOS/AS A VERBAS

 

Comezamos un novo curso no ambiente de verbas. Levamos a cabo unha morea de actividades para iniciarnos neste ambiente, que os nenos e nenas que comezaron 

este ano o curso coñeza un novo espazo cheo de diversas posibilidades, que exploren e sobre todo que gocen das novas experiencias. Todas as actividades 

que presentamos teñen un fin pero, neste caso, deixámonos levar por propostas novas que xurdían co fin de que as nenas e nenos exploraran sen negacións ate coñecer, 

pouco a pouco, as normas deste ambiente. 

Na zona de motricidade fina cosimos cogomelos e follas, cunha agulla de punta redonda e fio de cores fixemos as nosas propias creacióms, traballando a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e traballamos a espera e perseverancia cando tíñamos que coser e descoser se era necesario.

Na zona de grafomotricidade traballamos a través da natureza, fixemos grafismos partindo de elementos naturais (tronco, madeira, cuncha, piña...)

Na zona de vida práctica comezamos trasladando cunha culler en forma de pinza castanas dun bol a outro. Tamizamos fariña mezclada con lentellas para intentar separar así as lentellas da fariña. E por último, desgranamos o millo.

Na zona de lectoescritura, traballamos vocabulario de outono repasando as letras e rodeando a imaxe correspondente a cada palabra. Formamos palabras co pop-it e 

completamos o taboleiro do alfabeto con letras de madeira.

Na mesa de transvases xogamos e gozamos con boliñas de xel e na mesa sensorial construimos unha cidade deixando voar a nosa imaxinación.

Limpamos o espello, recollimos os armario dos bebés, cociñamos e sobre todo, comimos todos xuntos/as, cambiamos os cueiros os bebés, os peinamos e vestimos pero non só os bebés, se non tamén a nos mesmos/as.

Descansamos na cama, xa que sabemos que é importante traballar pero tamén descansar sempre que se necesita. 

 

Aquí tedes un video con pequenos momentos.