Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

MATES EN FAMILIA 12 DE MAIO

O pasado venres 12 de maio viñeron a xogar a mates en familia, Victor, Roberto, Silvia, Carol e Fany. 

Con Victor xogaron a contar as froitas e tocar o timbre para dicir o resultado o máis rápido posible. 

Roberto foi o encargado de buscar cantas imaxes tiña cada tarxeta dependendo do número de puntos que saíra en cada unha. 

Con Silvia tiraban un ou dous dados, a escoller. Dependendo do número que saíra tiñan que poñer no traboleiro o peixe enriba dese número.

Carol encargouse de ir sacando tarxetas con distintas series de cores e elas/es facían esa composición e toda presa. 

E por último, con Fany fixeron unha ficha onde tiñan que contar o número de obxectos.

 

Grazas familias.

 

PARABÉNS JULIETA!

Onte Julieta estivo de aniversario. Xa cumpliu 5 anos!

Estivemos observando as fotos dende o día que naceu ata o día de onte e Julieta cambiuo moito. 

O día que naceu estaba tan bonita e sobre todo tan pequeniña. 

Despois de dar as 5 voltas ao redor do sol celebramos cunha merenda todos/as xunt@s. 

Julieta, agardamos que o pasaras moi ben este día. 

Un bico xigante.

 

MAR DE PALABRAS 5 DE MAIO

Hoxe a  mar de palabras veu Natalia, Silvia, Julia e Raquel que veu acompañada por Iris que xa ten moitas ganas de vir ao cole a xogar con todos/as.

 

Natalia foi a encargada do xogo do timbre, onde sacaba unha tarxeta e tiñan que dicir todo o vocabulario que correspondera a esa e

tarxeta pero sempre tocando o timbre antes de falar.

Silvia xogou coas letras de cores, onde partindo das tarxetas que tivera cada un podían poñer as letras se correspondían a súa cor se non, perdían turno.

Con Raquel tiraban os dados de letras e tiñan que dicir na maior brevidade posible todas as palabras que comezaran por esas letras.

E por último, Julia axudounos a encontrar todos os obxectos que comezaran pola mesma letra que as nosas miniaturas. 

 

Grazas familias por vir. 

 

VERBAS NA PRIMAVERA

Durante o mes de abril estivemos traballando a primavera. Para isto levamos a cabo distintas actividades que dividimos en varias semanas.

 

Na zona de lectoescritura levamos a cabo dúas actividades: A primeira semana fixemos dictados primaverais, onde escribíamos vocabulario de primavera e facíamos o seu debuxo.

A segunda parte tratou de completar as partes dunha flor (pistilo, pétalos, estames e sépalos) ademáis encontramos aquí o “Inventario de flores” para observar distintos tipos de flores, os seus nomes e as partes que as compoñen.

Tamén, encontramos nesta zona unha actividade para escribir vocabulario de primavera.

 

En canto a mesa de tranvases dedidámonos a crear a nosa “auga de primavera”. Experimentando e aprendendo a través das nosas sensacións.Para isto, primeiro recollimos flores no patio. Despois separábamos os pétalos e os botamos nun mortero. Neste os mezclábamos con auga ata integralos moi ben. O pasamos por un colador a un recipitiente que era un pulverizador de perfume para asi poder levar para a casa. Por último, poxémoslle un nome especial o noso propio perfume. Traballamos así transvases (fundamental para unha posterior lectoescritura), a motricidade, as sensacións (texturas, olor)...

 

Na zona de grafomotricidade tivemos tres propostas. Na primeira, a través dun espello observamos distintas formas e así as plasmamos no papel. Era moi importante fixarse ben, xa que o obxecto apoiado na mesa facía unha forma e, apoiado no espello outra totalmente distinta.

Por outro lado, creamos as nosas flores picando co punzón ata vaciar un círculo, despois puxémoslle papel de cor e ao seu redor e completamos a flor con distintos tipos de pétalos que neste caso eran distintos tipos de grafías e por último, partindo de triángulos, cadrados, círculos ou rectángulos creamos flores.

 

Na mesa de motricidade fina enfiamos botóns. Esta é unha actividade moi completa xa que favorece a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e ademáis é moi diveritida.

A outra actividade, partindo dun organizador e unhas gomas seguimos a serie de cores que correspondían a cada tarxeta.

 

Na zona de vida práctica sempre temos actividades con materiais da vida cotiá que lles axuden a adquirir máis autonomía no seu día a día. Aquí tivemos a opción de peneirar a fariña. Era moi importante facelo moi despacio e con moito coidado. Encher a culler de fariña, botala no colador e por último, darlle pequenos golpes nun lateral para así quitarlle os grumos.

 

Enroscar e desenroscar botes de cristál de distintos tamaños. Cunha pipeta transvasamos auga duns tarros a outros.E por último, vertemos lentellas dun tarro a outro sen que nos caera ninguna e para isto, tíñamos que ter moito coidado e facelo sen ningunha presa e con moita precisión.

 

Na mesa sensorial encontrámonos con distintos materiais de primavera para crear distintos escenarios e fomentar así a nosa creatividade.

 

E coma sempre, limpamos os cristais, cociñamos, cambiamos os nosos bebés, descansamos na cama e pasamos ratos moi divertidos lendo libros na biblioteca.

 

 

PARABÉNS MARTÍN!

PARABÉNS MARTÍN!

Hoxe Martín cumpre 5 anos. Despois de dar 5 voltas ao redor do sol, pasando así polos días, meses e estacións do ano, chegamos ao día de hoxe. 

Martín cambiou moito. Sorprendeunos que o día que naceu xa tiña pelo pero o que todos e todas tíñamos claro que dende o seu primer ano ata o día de hoxe, Martín cambiou na altura xa que, observamos que é moooooito máis alto pero esa sonrisa de pillería xa a tiña dende moi pequeno.

 

Martín, agardamos que pasaras un día xenial. 

Grazas pola merenda. 

Un bico xigante!

 

MATES EN FAMILIA 28 de abril

Hoxe a mates en familia viñeron a xogar Julia, Jessica e Julia.

 

Julia xogou con nós a oca dos números, Jessica co noso amigo Doc axudounos a completar as misións que nos ordenaba,

Julia encargouse de axudarnos a contar as perlas dos pingüíns para así escoller o número que correspondía a cada tarxeta e, 

por último, levamos a cabo unha ficha onde puxemos o número de pétalos que correspondía a cada círculo para así completar flores.

Grazas familias por vir a pasar este ratiño.

 

PLANTAS 3º TRIMESTRE

Neste terceiro trimestre as encargadas e encarga dos de traer as súas plantas foron:Lucas, Ainhara, Chloe, Pablo, Daniel e Carmen S. 

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

 

MAR DE PALABRAS 21 DE ABRIL

Hoxe en mar de palabras tivemos a sorte de poder xogar con Julia, Silvia, Lilí e Carlos o padriño de Daniel.

Con Julia xoamos a completar con letras de madeira as palabras das tarxetas.

Con Silvia completamos unha ficha onde tíñamos que poñer a letra pola que comezaba cada debuxo.

Con Lilí escollíamos unha tarxeta dos catro grupos que nos ofrecia: animais, alimentos, deportes e nomes de persoa. Detrás de cada carta encontrábamos 4 letras e nos tíñamos que pensar unha palabras que tivera unha desas letras.

E por último, como Carlos era a primeira vez que viña a nosa clase xogamos o bingo que é unha das actividades que máis nos gusta.

 

Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. Agardamos que o pasárades moi ben.

 

PARABÉNS CARMEN F!

PARABÉNS CARMEN!

 

Hoxe, 17 de abril Carmen cumpliu 5 anos.

Todos chegamos a conclusión de que Carmen creceu moito pero sen dúbida a cara de pillería segue sendo a mesma.

Despois de dar as voltas ao redor do sol celebramos dándonos un abrazo xigante.

Agardamos que disfrutaras moito de este día.

PARABÉNS DANIEL!

O pasado 9 de abril, Daniel cumpliu 5 anos.

Despois de dar 5 voltas ao redor do sol, pasando días, meses e anos chegamos o día de hoxe, onde Daniel xa ten 5.

Está moi maior e cambiou moito dende o día que naceu.

Daniel, agardamos que disfrutaras moito do teu día.

 

Un bico moi moi forte

 

Distribuir contido