Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
PARABÉNS JULIA!
O 7 de abril Julia estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos!
Vendo as fotos recordamos como era Julia cando naceu, din que non se parece en nada a como é agora. Pero cando Julia cumpliu 1 ano si que xa se parecía moito.
Ademáis, Julia contounos que cando cumpliu 2 anos estaba na casa encerrada xa que había un virus.
Agardamos que pasaras un día xenial.
Un bico moi moi grande Julia.
PARABÉNS JULIA!
O 7 de abril Julia estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos!
Vendo as fotos recordamos como era Julia cando naceu, din que non se parece en nada a como é agora. Pero cando Julia cumpliu 1 ano si que xa se parecía moito.
Ademáis, Julia contounos que cando cumpliu 2 anos estaba na casa encerrada xa que había un virus.
Agardamos que pasaras un día xenial.
Un bico moi moi grande Julia.
MATES EN FAMILIA 24 de marzo
Hoxe viñeron a mates en familia Silvia, Verónica e a avoa de Lara M.
Completamos os números coas diferentes cantidades, xogamos o dominó, levamos a cabo unha ficha donde tíñamos que colorear as formas xeométricas dependendo da cor que nos indicaba e por último, tiramos o dado e dependendo do número que saíra collíamos a cantidade de flores que nos indicaba, para así intentar que a abella non saltara polos aires.
Grazas familias por vir.
VERBAS MARZO
Durante o mes de marzo no ambiente de verbas levamos a cabo distintas actividades:
En canto a lectroescritura completamos palabras coas letras de madeira, traballamos coas tarxetas tres partes das aves, completamos o abecedario buscando as letras iguais e descubrimos a palabra máxica sacada de distintas imaxes.
Traballamos a motricidade fina cosendo en coas nosas propias mans nun bastidor, escurrimos a area que collíamos coa culler para así so quedarnos coas pedras de cores, pasamos pedras dun cazo a outro e transvasamos a través dun colador arroz.
Creamos a nosa propia cidade decorando casas de madeira e rolos de papel con cintas e la.
Decoramos os colchóns do conto " A princesa e o guisante" tirando o dado e facendo en cada colchón as grafias que nos pedía.
Xogamos na mesa de transvases, limos na biblioteca e descansamos na cama.
Na cociña tivemos unha nova incorporación: SAE AUGA DO GRIFO!
Aprendimos a lavar e secar os pratos e sen dúbida foi unha actividade moi divertida.
CONTOS DE BOCA 2º TRIMESTRE
Durante o 2º trimestre viñeron a CONTOS DE BOCA: Carol, Alba e Silvia.
Grazas familias.
PROXECTO: OS PINGÜÍNS
Durante o mes de febreiro levamos a cabo un pequeno proxecto de aula sobre OS PINGÜÍNS.
Despois de moito debater, estos foron os animais elixidos para facernos expertos e expertas.
Primeiro levamos a cabo unha asamblea para aclarar o que sabíamos e o que queríamos saber.
ASAMBLEA LUNS 23 DE XANEIRO DE 2023.
- QUE SABEMOS DO INVERNO?
AITOR: Pingüíns
CARMEN S: neve
JULIA: Oso polar
MARA: Frio
MARTA: Xeo
MARTÍN: Polo norte
- QUE SABEMOS DOS PINGÜÍNS?
ADRIÁN:que a auga está fria
MARTÍN: están desnudos
AITOR: teñen frio e plumas
CARMEN F: comen peixe
DANIEL: viven no xeo
MARTÍN: son torpes
ADRIÁN: lles gusta tirarse a auga fria
- QUE SON OS PINGÜÍNS?
MARTÍN: animais
ONDE VIVEN OS PINGÜÍNS ?
AITOR: viven no xeo
JULIETA: no polo norte
CARMEN F: nun cubito de xeo
MARTÍN: en iglús
- COMO NACEN OS PINGÜÍNS?
MARTÍN: na barriga
AITOR: como os bebés
MARTIÑO: na barriga da súa mamá
LUCAS: dun ovo
CARMEN F: nacen e son un bebeciño moi mono
- QUE COMEN OS PINGÜÍNS ?
CHLOE: peixes
AITOR: vermes
CARMEN F: comen xeo
MARTÍN: os osos polares non comen os pingüíns porque viven en sitios distintos.
- COMO SE DESPRAZAN DE UN SITIO A OUTRO?
CARMEN S: de puntillas
JULIETA: movendo os pés
MARA: coas mans pegadas o corpo
MARTA: coa barriga
- QUE HAI DEBAIXO DO XEO?
MARTA: neve
ADRIÁN: auga
MARTÍN: hai xeo porque o xeo flota.
QUE QUEREMOS SABER?
-Que son os pingüíns?
-Como son?
-Onde viven?
-Como nacen?
-Que comen?
-Como se desprazan?
Informamos as familias, recabamos información de libros, revistas, periódicos, internet... limos contos, vimos videos, etc.
Fixemos moitas actividades sobre eles respondendo así as nosas preguntas.
Neste video tedes pequenos resumes que agardamos que vos gusten tanto como a nós e sobre todo, que poidades ver un pouquiño do que gozamos deste proceso.
Grazas.
MAR DE PALABRAS 17 MARZO
O 17 de marzo en mar de palabras estivemos moi ben acompañad@s.
Viñeron a xogar con nós: Silvia a nai de Gio e Gelis, Ana e Laura; as avoas e a mamá de Carmen S.
Ana encargouse do xogo das estrelas, unha versión da oca, onde tiraban o dado e dician por que letra empezaba a imaxe e escollian a incial de madeira do cesto e quedaban con ela ata rematar.
Gelis xogou ao bingo das letras. Este xogo sempre nos encanta.
Silvia axudounos a completar con letras as palabras e por último, Laura foi a encargada de axudar a levar a doc as imaxes que comezaran igual que os obxetos que tiñan que sacar dunha bolsa.
Grazas familias por vir, aínda que cabe destacar que sempre o que máis nos gusta e que veñan as nosas avoas e os nosos avós.
PARABÉNS MARTA
O 12 de Marzo Marta cumpliu 5 anos.
Encantáronnos as súas fotos, todos e todas chegaron a conclusión de que Marta o día en que naceu non se parecia nada a agora, era tan pequeniña.
Marta xa deu 5 voltas ao redor do sol, pasando así días, senamas, meses e varias veces as distintas estacións do ano.
Grazas Marta por ter sempre ese sorriso que tanto te caracteriza, pasámolo xenial e agardamos que tí desfrutaras moito deste día.
Un abrazo xigante!
MATES EN FAMILIA 10 DE MARZO
O pasado 10 de marzo viñeron a mates en familia Julia a mamá de Adri, Raquel a mamá de Chloe e Lili a tía de Aitor.
Lili escangouse do xogo dos monstruos, onde tirando o dado saían unhas consignas referidas a cada monstruo e as nenas e nenos tiñan que contar cantos ollos, patas, cabezas...que tiña cada un.
Raquel xogou con nós a oca dos números. Este xogo sempre nos gusta moito.
Julia era a encargada do bingo das formas xeométricas.. Foi moi divertido!
E por último, fixemos unha ficha onde contamos cantas figuras encontramos de cada personaxe.
Grazas familias.
GRAZAS MARTA!
Marta xa terminou o seu paso polo noso cole, xa terminou as prácticas da universidade.
Estivo un mes acompañándonos en todos os momentos da mañá, cuidándonos, axudándonos e sobre todo dándonos moito, moito cariño.
Marta, GRAZAS POR TODO!
Agardamos que volvas pronto, estaremos aquí cos brazos abertos. Xa formar parte do noso EQUIPO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »