Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
PLANTAS 2º TRIMESTRE
Neste segundo trimestre as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Julieta, Martín, Liam, Lara F, Carmen F, Lara M e Julia.
Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.
Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...
A GUITARRA
Este 1º trimestre levamos a cabo unha dinámica de cohesión chamado "A guitarra". Con isto intentamos conseguir unha maior cohesión do grupo,
favorecendo a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do mesmo.
Tiñan que traer a súa música preferida, canción do verán, . Esta tiña que ser moi significativa, transmitirnos a paixón por ela. E o conseguimos!
Agora, ao remate, xuntamos todas as cancións do grupo e será a nosa música preferida para este curso coñecendo así os diferentes estilos musicais respetando e valorando a tod@s e cada un dos membros deste equipo.
A música contribúe de maneira activa no seu desenvolvemento integral: intelectual auditivo, sensorial e motriz, traballando así a capacidade da memoria, concentración e coordinación.
En definitiva, a música foi o noso elemento de unión e sen dúbida, un acerto. Encantounos coñecernos.
PARABÉNS PABLO!
Parabéns Pablo!
O día 3 de decembro Pablo cumpliu 4 anos. Hoxe o celebramos todas e todos xuntos e pasámolo xenial.
Grazas Pablo pola merenda.
Agardamos que o pasaras moi ben.
Un abrazo mooooi forte
NADAL NO AMBIENTE DE VERBAS
As propostas do ambiente de verbas durante o mes de decembro foron todas relacionadas co nadal.
Na mesa sensorial encontramos un mini mundo navideño para deixar voar a nosa imaxinación,
na mesa de transvases encontramos adornos navideños escondidos que tíñamos que encontrar.
Fixemos postais navideñas para felicitar estas festas, creamos árbores de nadal con papel de seda,
repasamos o contorno dos renos poñéndolles chinchetas, buscamos as pinzas navideñas para facer as series que encontramos nas tarxetas,
con gomas recreamos imaxes de nadal (botas, renos, árbores).
Estas son sempre datas moi especiais nas que desfrutamos moito creando, xogando, imaxinando e sobre todo compartindo.
O NOSO CALENDARIO DE ADVENTO
Dende o día 1 ata o 20 de decembro levamos a cabo un calendario de advento.
Neste encontramos distintas actividades para poder desfrutar todas e todos xuntos.
Escoitamos e bailamos unha canción todos/as xuntos/as elixida polo grupo, enchemos a clase de bloques e fixemos construcións xigantes,
eliximos que película ver na pantalla, levamos pegatinas navideñas, pintamos un mural xigante, cartolinas máxicas, gomas de animais,
decoramos as ventás, puxemos a árbore de nadal, apagamos as luces e xogamos cunha lanterna navideña, palliñas de renos,
pulseiras navideñas, camiñamos coma renos, fixemos unha carreira a pata coxa, decoramos unha estrela que levamos coma colares ou adornos para a árbore,
e sobre todo, desfrutamos de pasar istos momentos coma o equipo que somos.
QUÉ BOS MOMENTOS!
Resumo dalgúns momentos da nosa vida diaria tanto dentro da aula coma no patio.
Agardamos que pasedes un ratiño de moitas risas.
GRAZAS
ACTIVIDADES LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA
Nesta recompilación de fotos podedes ver un resumo dos traballos de lecto escritura e lóxico-matemática que fixemos durante o primeiro trimestre.
Comezamos sempre a aproximación o mundo das letras partindo da palabra máis significativa da súa vida: o seu nome. Despois seguimos traballando a fonética de cada letra e deseguido a grafía. Traballando así as letras o léxico e a conciencia fonolóxica.
En canto a lóxica-matemática fixemos actividades de recoñecemento das grafías, orden, conteo, grafía-cantidade, relación do número coa cantidade, construción do número coas perlas Montessori. O colgador de perlas é unha ferramenta moi visual e manipulativa que comezamos a introducir cara ao o final do trimestre que lles permite asimilar conceptos como a cantidade e relacionala así coa grafía.
As grafías tanto de letras coma de números sempre comezamos con actividades manipulativas, onde traballen os seus sentidos, repasando cos dedos as letras lixas, facéndoas en area, con pintura de dedos, etc.
Todos os materiais son flexibles e funcionais para todas/os e para o ritmo de cada un/unha.
Esperamos que desfrutedes como o facemos nos.
O máis importante é pasalo ben, partindo diso aprendemos unha morea de cousas.
MATES EN FAMILIA 16 de decembro
Hoxe viñeron a xogar a mates en familia Victor o papá de Nuno e Natalia a mamá de Carmen F.
Victor era o encargado de Doc. Elas e eles escollían unha tarxeta que tiña distintas cantidades de personaxes de nadal. Os contaban e despois tiñan que levar a Doc ata o número correspondente.
Natalia fixo con eles e elas unha ficha onde tiñan que colorear os debuxos navideños dependendo do número que se indicara.
Noutro grupo, tíñamos que buscar o número de personaxes e poñer a pinza co número que corresponda.
O pasamos xenial.
Grazas papá e mamá por vir a pasar este ratiño con nos.
GRAZAS
CONTOS DE BOCA 1º trimestre
Este trimestre veu a contos de boca Yaiza a mamá de Ainhara, Julia a mamá de Julia e Laura a mamá de Carmen S.
Contaron contos que trouxeron da casa e que nos gustaron moito. Pasamos un ratiño moi divertido.
Grazas mamás por vir.
UN MAR DE PALABRAS 2 de decembro
Hoxe viñeron a un mar de palabras Azahara a nai de Mara, Carol a nai de Aitor, Jeni a tía de Gio e María a nai de Marta.
Azahara xogou con nos ao xogo das imaxes e das letras que consistía en escoller unha imaxe e poñerlle enriba a letra pola que comezaba.
Carol tiña un timbre. Este so se podía tocar se sabiamos a resposta. Carol ensinaba unha letra e había que pensar que palabra comezaba por ela e se a sabíamos tocar o timbre para poder dicila.
Jeni encargábase de revisar o que pescábamos. Tíñamos que meter a nosa man nunha bolsa sen mirar dentro e sacar a foto dunha compañeira ou compañeiro e pescar a letra pola que comeza.
E María, fixo con nos unha ficha onde poñíamos os selos segundo correspondía.
Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. O mellor sempre é a vosa compañía.
Agardamos que o pasárades xenial!
GRAZAS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »