Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

PARABÉNS MARTIÑO!

Parabéns Martiño!!

Hoxe Martiño cumpliu 4 anos. Despois de dar as 4 voltas ao redor do sol e observar que Martiño cando naceu era moi moi pequeniño. Pouco se parecia a como é agora. Grazas Martiño pola tua compañia e pola merenda que trouxeches.

Agardamos que disfrutaras moito do teu día. Un bico xigante!

 

MATES EN FAMILIA 25 novembro

Hoxe en mates en familia tivemos a visita de Carmen e Maria, avoas de Martiño, Fran o papá de daniel, Silvia a mamá de Gio e Pablo o papá de Martín.

 

Carmen era era a encargada de revisar que todos e todas tiveran o número de dinosaurios que salian nas tarxetas.

Fran estivo acompañado do Doc, e sacando dunha bolsiña as tarxetas con números tiñan que levar a Doc ata as imaxes das mans que tiveran esa cantidade.

Pablo encargouse de dirixir, quizais o xogo máis popular de hoxe. Tiña auga! Tiñan que coller coas pinzas a cantidade de gomas que sairan no dado.

Maria revisaba que entraran nos limpapipas as boliñas que corresponderan a cada número.

E por último, Silvia fixo con nos unha ficha de correspondencia cantidade e número.

Grazas familias, pasámolo xenial!!

 

MAR DE PALABRAS 18 de novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos Silvia a mamá de Gio e Jesi a mamá de Lara F. 

Silvia xogou con nos e co Doc. Encántanos o Doc polo que esta vez tíñamos que escoller unha tarxeta dunha imaxe a que lle faltaba a letra inicial e buscala. Levando así o Doc a onde estaba esta letra. 

Jesi encargábase da "pesca do peixe". Sacabamos sen mirar una letra dunha bolsa e rapidamente tíñamos que pescar o peixe que tivera escrita esa letra. Fomos moi rápidos. 

A última actividade consistia en colorear as letras do noso nome. 

O pasamos xenial.

Grazas Jesi e Silvia por vir a pasar este ratiño a nosa aula. 

 

MATES EN FAMILIA 11 de Novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos a mates en familia; Jesús o pai de Carmen F, Agustín o avó de Mara e Jose Ángel o avó de Pablo. 

Jesús encargouse dunha actividade con dinosaurios, na que tiñan diferentes pratos con números e tiñan que poñer dentro de cada plato o número de dinosaurios que correspondera. 

Jose Ángel tiña unha bandexa chea de area. Entre a area se encontraban pelotiñas pequenas con números. As nenas e os nenos tiraban os dados e tiñan que buscar a pelota que correspondera o número que saía no dado. E por último, Agustín era o encargado de que a torre non caera. Elas e eles tiraban o dado e tiñan que ir creando unha torre co número de fichas de saíra, así con moito coidado para que a torre non de derramara polo chan.

O pasamos xenial, esperamos que vos tamén. Grazas pola vosa compañia. 

MAR DE PALABRAS venres 4 de novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos Carolina a mamá de Aitor, fany a mamá de Lucas e Julia a mamá de Adrián.

Preparamos diferentes propostas que foron todo un éxito. Fany axudounos a encontrar as letras polas que comezaban as imaxes e Julia xogou con nos ao Doc. Nesta actividade tíñamos que levar o Doc a imaxe que comezara pola mesma letra que o noso nome e Carolina xogou con nos a tablet. Nesta tíñamos que escoller unha letra e axudar a Dino a pasar unhas probas.

Grazas mamás por vir a pasar este ratiño con toas e todos.

 

SAMAÍN NO AMBIENTE DE VERBAS

¡Chegou o samaín o ambiente de verbas!

Levamos a cabo actividades terroríficas e pasámolo de medo!!

 

Para traballar a lectoescritura fixemos uns tarros de medos, onde tíñamos que escribir o que nos da medo e metelos así nos tarros para que esos medos se vaian.

Na mesa sensorial nos encuntramos cunha morea de teas de araña, escondidas entre elas ratas, mans de esqueletos, ollos, arañas, etc. 

As tíñamos que coller coas pinzas para así liberalos das teas, traballando a motricidade fina. Tamén seguimos as series con pinzas terroríficas. 

Na mesa de transvases poidemos encher cabazas de arroz, fabas negras, cabazas, morcegos, gorros de bruxas e un montón de pequenos obxectos relacionados co samaín.

Encantounos facer pulseiras terroríficas cos coras cores relacionadas con estas datas, repasamos a grafomotricidade pintando nas cabazas distintas formas que ían saíndo nos dados.

A nosa cama convertiuse nun refuxio moi divertido.

 

UNHA MAÑÁ TERRORÍFICA

O venres 28 de outubro vivimos unha mañá terrorífica. Vimos todas e todos disfrazados, fixemos un paseo pola clase para ver todos os nosos disfrazes, bailamos e cantamos para comezar a mañá de samaín moooi contentos/as.

A nosa aula convertiuse nun lugar cheo de actividades do samaín; fixemos bruxas monstruosas con purpurina, arañas terroríficas para poñer nos nosos dedos, buscamos coas lanternas que trouxemos da casa obxetos perdidos e escondidos na nosa aula; ollos, mans de esqueletos, cabazas, etc.  E por último, vimos unha película perfecta para estas datas. 

O pasamos xenial!! FELIZ SAMAÍN A TODAS E TODOS.

 

 

 

A maleta

A maleta é unha actividade de cohesión que comeza a funcionar na aula de 3 anos coa finalidade de que as nenas e nenos se coñezan un pouco mais. O primeiro en traela foi Lois quen nos contou unha fermosa historia de bombeiros.

Cuidamos as plantas e decoración de outono

A pasada semana comezamos o programa coidamos as plantas. Este trimestre coidaremos as de Marco e Lucas, teremos que regalas e limpalas para que medren! Tamén estivemos preparando a decoración de outono para a nosa porta.

Parabéns Lois!

Celebramos o primeiro aniversario na clase de 3 anos, parabéns Lois, esperamos que o pasaras moi ben!

 

Distribuir contido