Saltar navegación.

Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

PARABÉNS AITOR!

Aitor é o primeiro en estar de aniversario este ano. Xa cumpriu 5 anos. 

Canto tempo pasou dende que comezou o cole con 3 anos e agora xa é o maior de clase con cinco anos. 

A verdade que cambiou moito dende que naceu aínda que, todos e todas chegamos a conclusión de que os seus rizos xa os tiña dende moi moi pequeniño.

Agardamos que desfrutaras moito do teu día. 

Un abrazo xigante. 

MAR DE PALABRAS 3 DE MARZO

Hoxe viñeron a mar de palabras: Agustín, Jose Ángel e Silvia. 

Con Agustín xogamos ao bingo de palabras,

Silvia axudounos a rodear as imaxes que comezaran pola letra que correspondía, 

Jose Ángel cazaba con nos as imaxes que comezaran pola letra que sacamos dunha bolsiña e, por último,

levamos a cabo unha ficha onde tíñamos que colorear o son polo que comezaban as imaxes. 

GRAZAS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS ESTE RATIÑO, MOITAS GRAZAS!

ENTROIDO NO AMBIENTE DE VERBAS

Durante a tempada de entroido no ambiente de verbas fixemos distintas actividades relacionadas con estas datas.

Na mesa de transvases encontramos confeti para pasar duns vasos a outros, na mesa sensorial encontramos con tiras de cores para enroscar, xirar, pasar polo centro dos tubos, tapar, e crear distintos escenarios con só as tiras de cores e os tubos de cartón. 

Na mesa de grafomotricidade tivemos a creación de máscaras onde tiñan que debuxar distintas grafías, recortar, picar co punzón e por último decorar ao gusto de cada unha/un. 

Diante dun espello decoramos máscaras con distintos materiais: pedras, pompóns e diamantes. Así facíamos unha pero podíamos chegar ver no reflexo hasta tres iguais. 

Tamén adornamos máscaras seguindo a serie de cores con plumas e buscamos as parellas de distintas imaxes de máscaras de entroido.

Na mesa de lectoescritura escribimos vocabulario de entroido e tamén buscamos o nome do disfrace que tiña posto cada neno/a da imaxe. 

Lemos contos, fixemos de comer na cocina, coidamos os bebés, limpamos o espello, fixemos a cama e deixamos a clase moi moi limpa antes de irnos. 

MAR DE PALABRAS 10 DE XANEIRO

Hoxe viñeron a pasar un ratiño con nos Raquel a mamá de Chloe, Silvia a mamá de Gio e Verónica a mamá de Lara. 

Con Silvia xogamos a o bingo das letras, con Verónica ao xogo de mesa de descubrir as cacas dos distintos animais, 

con Raquel metiamos a man no cesto onde sacábamos un obxecto e correndo escollíamos o seu nome que estaba escrito na mesa, 

e por último, coa profe Marta buscamos a iniciais dos debuxos. 

Grazas familias por vir a xogar con nos. 

MATES EN FAMILIA 3 FEBREIRO

Hoxe en mates en familia tivemos a sorte de contar con Chechu o papá de Aitor, Jessica a mamá de Lara F, Teba a madriña de Carmen F e Rocío a mamá de Martín. 

Chechu foi o responsable da carreira de dinosauros onde tiñan que tirar o dado, contar as casillas e dicir o número no que caeron, se non o sabían tiñan que volver a liña de meta. Ademais podían chegar a un stop que os tiña sen tirar una volta. 

Jessica encargouse dos animais e as súas pegadas. O ou a máis rápid@ tiña que escoller o animal e a súa pegada antes que os seus compañeiros/as. 

Rocío xogou cos monstros de moitas patas, brazos, ollos... tiraban dous dados, un tiña números e outros imaxes que lles levaban a buscar un monstro cunhas características determinadas. 

E por último, Teba tiña unhas tarxetas con números e cores. Tiñan que agrupar as ras dependendo das tarxetas que lles tocaran. 

Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. 

INVERNO NO AMBIENTE DE VERBAS

O ambiente de verbas trasladouse a época invernal. 

Na mesa sensorial encontramos neve, animais polares, e obxectos das cores do inverno para poder crear mundos e deixar voar a nosa imaxinación. 

Na mesa de transvases traballamos con folerpas e pompóns para poder encher, colar, e recoller con diferentes culleres, pinzas...

Na zona de lectoescritura encontramos animais polares impresos, impreso xunto co seu nome e os animais. Buscamos o obxecto do animal e o poñíamos enriba da imaxe ou nome que correspondía. 

Tamén, con letras de madeira completamos as imaxes poñendo así a inicial que correspondía. Completamos palabras coas letras que despois repasamos co lapis de madeira, fixemos ditados invernais falando de animais ou cousas que tiveran que ver co inverno, por exemplo: manta, luvas, bufanda, patíns, oso polar, boneco de neve, etc.

Buscamos os gorros de cores partindo das sombras,  completamos folerpas con distintos materiais: palliñas, pompóns, pedras...

Na zona de grafomotricidade completamos as folerpas coas súas similitudes e pintamos folerpas partindo de distintos trazos. Na zona de motricidade fina escollíamos os botóns dos bonecos de neve coas pinzas e cosimos con agulla e fío folerpas.

E moitas actividades máis, coma limpar o espello, coidar os bebés, ser expertos cociñeiras e cociñeiros e sobre todo, rir e desfrutar do que estamos a facer. 

MATES EN FAMILIA 20 DE XANEIRO

Hoxe tivemos a sorte de que viñeran a pasar un ratiño con nos Silvia a nai de Gio, Alejandra a nai de Julieta, Elvira a avoa de Daniel, Raquel a nai de Chloe e Carol a nai de Aitor. 

Encontramos diferentes propostas; Carol  encargouse da actividade de completar con selos de números a cantidade de froitas.

Raquel vixiaba que colocaramos a cantidade de bonecos que correspondía a cada bloque.

Elvira ensinábanos unha tarxeta cun número y nos sinalábamos a imaxe que correspondía a cada cantidade.

Silvia tiña o Doc, este sempre é aposta segura. Levamos o Doc a cantidade de números que nos saia nas cartas. 

E por último, aproveitando que o noso PDI vai do "xogo" e neste trimestre estamos traballando os xogos de mesa,  xogamos con Alejandra a adiviñar de que animal era cada caca. Sen dúbida foi moi divertido. Grazas Alejandra polas risas. 

Grazas familias por acompañarnos.

PLANTAS 2º TRIMESTRE

Neste segundo trimestre as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Julieta, Martín, Liam, Lara F, Carmen F, Lara M e Julia. 

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

A GUITARRA

Este 1º trimestre levamos a cabo unha dinámica de cohesión chamado "A guitarra". Con isto intentamos conseguir unha maior cohesión do grupo, 

favorecendo a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do mesmo. 

Tiñan que traer a súa música preferida, canción do verán, . Esta tiña que ser moi significativa, transmitirnos a paixón por ela. E o conseguimos!

Agora, ao remate, xuntamos todas as cancións do grupo e será a nosa música preferida para este curso coñecendo así os diferentes estilos musicais respetando e valorando a tod@s e cada un dos membros deste equipo. 

A música contribúe de maneira activa no seu desenvolvemento integral: intelectual auditivo, sensorial e motriz, traballando así a capacidade da memoria, concentración e coordinación. 

En definitiva, a música foi o noso elemento de unión e sen dúbida, un acerto. Encantounos coñecernos. 

Distribuir contido