Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

ACTIVIDADES E CLASE

Despois do período de adaptación o alumnado de 4º de educación infantil xa comeza coas actividades cotiás da aula coas diferentes propostas. Entre elas queremos destacar o reciclado de papel no que empregamos os tesouros de verán para a súa decoración.

COIDAMOS AS PLANTAS 1º TRIMESTRE

 

Un ano máis continuamos coa proposta do coidado das plantas. 

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

Neste primeiro trimestre as escargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Marta, Aitor, Adrián, Mara, Martiño y Nuno  

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

CREACIÓN DE PAPEL RECICLADO

 

Antes de irse de vacacións pedímoslles que trouxeran o primeiro día de cole flores secas que foran recolectando durante o verán. Con estas flores creamos papel reciclado.

Cortamos en anacos papeles de periódicos que estaban para tirar o lixo, os deixamos con auga durante uns días, os trituramos e logo os decoramos con as flores secas que deixamos ao sol na parede do colexio ata o día seguinte. Collémolos e cuns selos puxemos os nosos nomes para levalos de recordo a casa.

Traballamos moito pero sobre todo desfrutamos moito do proceso.

 

PARABÉNS LARA!

Lara é a primeira da nosa clase en cumprir despois das vacacións de verán. Volvimos a revisar as fotos dende o día en que Lara naceu ata agora, repasamos con ela as catro voltas ao sol e fixemos unha merendola cos gusanitos que nos trouxo Lara de agasallo.

Agardamos que desfrutaras moito do teu día.

Un bico xigante

 

ESTAMOS DE VOLTA

Familias, xa estamos aquí. Despois das vacacións voltamos con máis enerxía e sobre todo máis ganas que nunca. Aquí tedes algunhas das propostas que fixemos estos días. Esperamos que vos guste e que disfrutedes tanto coma nos.

 

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.

Xa rematou o curso. Un curso moi especial e moi importante nas nosas vidas. O obxectivo foi que sempre que votedes a ollada cara atrás recordedes este ano cun sorriso xigante, cheo de novas vivencias, experiencias, amizades e moito, moito cariño. 

Para despedirnos, a profe quixo que quedara en vos unha pegada física, que teñades para ver no tempo. Unha foto de nos xunt@s, en calquera momento da mañá, tantas que compartimos. Grazas por todos miñas pequenas e meus pequenos. A profe vai votaros moito de menos, pero vémonos pronto de novo para seguir compartindo xuntos outro trociño de camiño. 

Familias, grazas pola vosa colaboración e pola vosa axuda. Grazas por todo. 

 

Todo un curso inesquecible...

Neste video podemos ver unha selección de fotos do todo o curso 2021/2022 de 4º EI. Fotos de distintos momentos, distintas épocas do ano, pero todas cun sorriso. E para rematar unha sorpresa final onde podemos ver o noso cambio dende as primeras semanas de cole ata as últimas. Esperamos que vos guste. 

 

 

lectoescritura e lóxico-matemática

Neste video podemos ver unha recopilación de fotos das distintas actividades que fomos facendo no terceiro trimestre referido a actividades de lectoescritra e de lóxico-matemática. 

Todas as actividades estan enfocadas a un aprendizaxe mediante o uso de materiais cotidianos, manipulativos, onde poidan utilizar todos os seus sentidos, acercado a actividade a situaciones próximas a realidades con materiais de uso habitual coma botóns, trozos de madeira, bloques, bonecos... Sobre todo, son actividades que chamen a atención do alumnado intentando convertir a aprendizaxe nunha experiencia lúdica e motivadora facéndoa así menos complexa e moito máis divertida. 

Esperamos que vos guste, nos aprendemos moito pero sobre todo disfrutamos do camiño. 

 

 

O AMBIENTE DE VERBAS (XUÑO)

Estas son algunhas das propostas do ambiente de verbas no verán. Fixemos uns móviles decorado con témperas, colgando imaxes típicas do verán que estaban decoradas con diferentes tipos de grafismos, tamén fixemos unhas postais de verán utilizando a grafía das olas do mar e compoñendo os nosos propios barcos e o sol con diferentes tipos de papeis. Por outro lado, na mesa sensorial colocamos como proposta unhas imaxes imcompletas as cales tíñamos que completar con pompóns colocándoos cosas pinzas, fixemos os nosos propios soles de diferentes cores, completamos letras con obxectos pequenos e coma sempre dobramos roupa, coidamos os nosos bebés, descansamos e sobre todo disfrutamos. 

 

 

Distribuir contido