Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

INVERNO NO AMBIENTE DE VERBAS

O ambiente de verbas trasladouse a época invernal. 

Na mesa sensorial encontramos neve, animais polares, e obxectos das cores do inverno para poder crear mundos e deixar voar a nosa imaxinación. 

Na mesa de transvases traballamos con folerpas e pompóns para poder encher, colar, e recoller con diferentes culleres, pinzas...

Na zona de lectoescritura encontramos animais polares impresos, impreso xunto co seu nome e os animais. Buscamos o obxecto do animal e o poñíamos enriba da imaxe ou nome que correspondía. 

Tamén, con letras de madeira completamos as imaxes poñendo así a inicial que correspondía. Completamos palabras coas letras que despois repasamos co lapis de madeira, fixemos ditados invernais falando de animais ou cousas que tiveran que ver co inverno, por exemplo: manta, luvas, bufanda, patíns, oso polar, boneco de neve, etc.

Buscamos os gorros de cores partindo das sombras,  completamos folerpas con distintos materiais: palliñas, pompóns, pedras...

Na zona de grafomotricidade completamos as folerpas coas súas similitudes e pintamos folerpas partindo de distintos trazos. Na zona de motricidade fina escollíamos os botóns dos bonecos de neve coas pinzas e cosimos con agulla e fío folerpas.

E moitas actividades máis, coma limpar o espello, coidar os bebés, ser expertos cociñeiras e cociñeiros e sobre todo, rir e desfrutar do que estamos a facer.