Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
CONTOS DE BOCA
A participación das familias sempre é un momento único e Diego o pai de Lois veu a contarnos un conto que lles gustou moitísimo; un conto que Lois colleu na nosa biblioteca de centro e que ao parecer non para de ler: LAS ZANAHORIAS MALÉFICAS..."que dan moita risa".
PDI MOTIVACIÓN E TÍTULO
Con este novo curso temos tamén un novo PDI no que imos participar en todas as actividades colaborando e investigando coas nenas e nenos de todo o centro. O PDI do curso 23-24 ten como tema principal a sostenibilidade en todas as súas varientes posibles.
A actividade de motivación e comezo do PDI foi unha saída de todo o centro á praia de San Valentín onde participamos na XII Limpeza Simultánea de praias organizada por ADEGA.
E cando chegamos ao centro fixemos a elección do título do PDI, o título gañador foi: PEGADAS VERDES.
A AMABILIDADE
Un día calquera na nosa clase pasan cousas marabillosas como esta que non podo deixar de ensinar e que podería levar por título A AMABILIDADE DE LAURA. Un día calquera Laura vai ao médico e chega á clase cando xa todas e todos estamos moi atentas ao que fai a responsable de hoxe, pero ela chega con algo moi importante que facer, algo imprescindible para ela que fai que todo se pare...ela quere COMPARTIR!
COIDAMOS AS PLANTA
Este trimestre tocoulle a Laura e a Lucas traer as súas plantas. Tivemos moita investigación xa que son moi diferentes unha pequena, outra grande; tipo de follas; a de Lucas é unha árbore! que interesante; como se poden plantar... Todo un descubrimento moi enriquecedor, aprenderon un montón de cousas e agora...a coidalas!
COMEZAMOS
Estas son algunhas das actividades coas que comezamos o curso.
- Unha familia que deixa pegada: as familias deixaron os seus desexos escritos e as nenas e nenos tiveron a oportunidade de escoitalos e de debuxar a súa man a carón dos mesmos.
Tamén tiveron a oportunidade de ver os monstros que debuxaron as súas familias e que lles gustaron moito.
- Comezamos a montar os nosos espazos: buscamos o noso nome e eliximos a percha que mais nos gusta.
- Vemos as fotos familiares, que nos acompañarán todo o curso, porque a familia é moi importante!
- Comezamos con algunhas propostas.
- Imos á biblioteca, non perden as ganas de ver e ler libros todos os días.
- E repartimos felicidade por Fene coa actividade TESOUROS DO VERÁN: liberamos pedras felices diante do centro de saúde, esperando que alguén as atope e lle alegren o día.
AMBIENTE ARTE
Comezamos o novo curso no ambiente de arte con unha serie de propostas moi abertas coa finalidade de que as nenas e nenos que xa coñecen os ambientes retomen o seu funcionamento e as nenas e nenos de nova incorporación coñezan os novos espazos e actividades.
Estas son algunhas das propostas:
- Mesa de experimentación con elementos de outono.
- Zona de costura: tear e cosido en cartolina.
- Recanto de lectura
- Pisla, foi unha proposta moi demandada a pesar da súa complexidade!
- Debuxo libre con cores de outono.
- Camiños con pedras de cores.
- Xogos de construcción co arcoiris Montessori.
- Mesa de luz con pezas de diferentes cores para ver a través delas.
- Imaxes realizadas na impresora 3D para observar elementos de outono a través da luz.
- Figura humana con materiais naturais.
- Mesa de experimentación con garavanzos.
E...moi importante...recollemos...e interaccionamos as tres aulas; aprendendo así cousas fundamentais para convivir.
PARABÉNS AINHARA
O pasado luns Ainhara estivo de aniversario. Xa cumpliu 5 anos!
Despois de escoitar a nota de voz que nos mandou a familia e rir moito cando nos contaron que no seu primeiro cumpleanos, Ainhara apagou a vela coas mans e, no terceiro, caeu unha pelota na tarta xusto antes de comezar a comela. Encántanos escoitar as familias e que nos conten pequenos anacos de momentos que quedarán sempre no recordo.
Ainhara, agardamos que o pasaras moi ben.
MATES EN FAMILIA 20 DE OUTUBRO
O pasado venres comezou MATES EN FAMILIA.
Tivemos a visita de Rosa que se encargou de xogar con nós a completas as pocións de samaín. Tiñan que completar dependendo do número que tiñan na receita buscando na pota dos ingredentes.
Julia xogou con nós a un xogo de mesa, atrapa a abella! Sen dubida foi o que máis lles gustou. Era moi importante estar atentas/os para levantar a cor que correspondía.
Encontramos uns paneis con distintos números e Raquel axodounos a formar as distintas cantidades cos policubos.
Jessica xogou con nós as casiñas dos números.
E por último, Estefania chegou con Doc. Con distintas tarxetas de imaxes de samaín e, de forma moi rápida, contamos as imaxes, asociábamos coa cantidade e despois levamos a doc o cadrado correspondente.
Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nós.
Non sabedes as gañas que tíñamos de empezar os obradoiros dos venres.
PARABÉNS GIO!
O pasado martes 17 de outubro Gio cumpliu 5 anos.
A súa familia mandounos unha nota de audio onde nos explicaban que Gio naceu un 17 de outubro as 15:20 de tarde. Foi un día moi especial xa que todos/as esperaban con moita ilusión a súa chegada. Agora o celebramos todas e todos xunt@s na clase, con moita ilusión e soprando as velas con Gio.
Grazas Gio polo teu sorriso infinito.
Agardamos que o pasaras moi, moi ben.
BENVIDOS/AS A VERBAS
Comezamos un novo curso no ambiente de verbas. Levamos a cabo unha morea de actividades para iniciarnos neste ambiente, que os nenos e nenas que comezaron
este ano o curso coñeza un novo espazo cheo de diversas posibilidades, que exploren e sobre todo que gocen das novas experiencias. Todas as actividades
que presentamos teñen un fin pero, neste caso, deixámonos levar por propostas novas que xurdían co fin de que as nenas e nenos exploraran sen negacións ate coñecer,
pouco a pouco, as normas deste ambiente.
Na zona de motricidade fina cosimos cogomelos e follas, cunha agulla de punta redonda e fio de cores fixemos as nosas propias creacióms, traballando a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e traballamos a espera e perseverancia cando tíñamos que coser e descoser se era necesario.
Na zona de grafomotricidade traballamos a través da natureza, fixemos grafismos partindo de elementos naturais (tronco, madeira, cuncha, piña...)
Na zona de vida práctica comezamos trasladando cunha culler en forma de pinza castanas dun bol a outro. Tamizamos fariña mezclada con lentellas para intentar separar así as lentellas da fariña. E por último, desgranamos o millo.
Na zona de lectoescritura, traballamos vocabulario de outono repasando as letras e rodeando a imaxe correspondente a cada palabra. Formamos palabras co pop-it e
completamos o taboleiro do alfabeto con letras de madeira.
Na mesa de transvases xogamos e gozamos con boliñas de xel e na mesa sensorial construimos unha cidade deixando voar a nosa imaxinación.
Limpamos o espello, recollimos os armario dos bebés, cociñamos e sobre todo, comimos todos xuntos/as, cambiamos os cueiros os bebés, os peinamos e vestimos pero non só os bebés, se non tamén a nos mesmos/as.
Descansamos na cama, xa que sabemos que é importante traballar pero tamén descansar sempre que se necesita.
Aquí tedes un video con pequenos momentos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »