Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

PDI "PINGAS DE CIENCIA": taller STEAM con dobre M de música

Seguimos disfrutando da ciencia a través do taller da fundación Abanca que tivemos o xoves 9 de decembro. 

Experimentamos como é posible facer música sen ter ningún instrumento musical físico entre as nosas mans, empregando tan só o noso corpo como fio conductor, unha placa Makey Makey e o programa informático Scrach. 

Só con tocar o botón que fixemos con plastilina soaba o instrumentos que previamente habíamos debuxado nunha cartulina.

Aquí podedes ver algunhas fotos.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Para iso, decoramos cada un/unha de nos coas nosas familias un antifaz para así poder poñernos na pel das persoas con discapacidade visual. 

Quitamos fotos con él posto e as colgamos polo cole. 

Ademais, averiguamos que era o braille, sistema que empregan as persoas con cegueira para ler e escribir. Despois fixemos os nosos propios carteis da nosa aula e dos baños. 

Vimos tamén "O cazo de Lorenzo" un imprescindible nesta data.

E nos puxemos na pel das persoas invidentes movéndonos pola clase co antifaz posto so guiándonos polo oído.

 

 

SAMAÍN

Aquí podedes ver o ben que o pasamos celebrando o samaín.

Decoramos a nosa aula, pintamos a nosa cabaza de araña terrorífica e vimos o cole disfrazados. 

 

 

AMBIENTE DAS VERBAS

Este ano comezamos o curso cunha nova metodoloxía de traballo: os ambientes de aprendizaxe. Cada unha das aulas converteuse nun ambiente adicada a unha temática determinada.

Neste caso estamos no ambiente das Verbas: lectoescritura, grafismo, motricidade fina, a biblioteca, a zona de descanso e o xogo simbólico. 

Estas son algunhas propostas didácticas que podemos encontrar nos distintos espazos do AMBIENTE DAS VERBAS e que irán cambiando cada pouco. 

 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 

O día do magosto tamén celebramos o día do peón. 

Comezamos facendo cada clase unha actividade, os de 3 anos fixeron as súas propias creacións con materiais típicos de outono (noces, castañas, maíz...)

os de 4 anos fixeron marmelada de mazá e os de 5 anos crearon persoaxes con mazorcas de maiz. ¡¡Quedáronnos xenial!!

O que si que fixemos todas e todos foi comer castañas de chocolate ¡Qué boas estaban!

E por último bailamos o noso peón.

 

 

 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 

O día do Magosto tamén celebramos o día do peón. 

Primeiro cada clase de infantil fixo unha actividade, os de 3 anos fixeron as súas propias creacións con material típico de outono (noces, castañas, maíz...), os de 4 anos fixeron marmelada de mazá, e os de 5 anos crearon persoaxes con mazorcas de maiz ¡Quedou todo xenial!

O que si que fixemos todos e todas foi comer castañas de chocolate ¡Qué boas estaban!

E por último, bailamos os nosos peóns.

https://youtu.be/N7NVGfoKgEY 

PARABÉNS PABLO!

PARABÉNS PABLO!

 

Hoxe tivemos o último aniversario antes de terminar o ano.

Pablo xa cumpliu 3 anos e para iso tivemos que dar tres voltas ao redor do sol.

E por último, moito agarimo para rematar cun abrazo xigante.

 

Biquiños xigantes Pablo!

COIDAMOS AS PLANTAS, 1º TRIMESTRE

 

Esta proposta ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalas como seres vivos, e á súa vez, achegalos á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respeto e coidado cara elas.

Neste primer trimestre os encargados e encargadas de traer as plantas foron: Aitor, Liam, Lara, Carmen, Marta e Nuno. 

Todos e todas as coidamos, as regamos e quitámoslle follas secas, en definitiva, xa forman parte do noso equipo. 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro celébrase o día internacional contra o violencia de xénero e para iso realizamos distintas actividades.

Comezamos lendo o conto de Artur e Clementina, fixemos unhas chapas que coloreamos e rematamos nos mesmos, pegamos unhas tarxetas con debuxos feitos por nos e para rematar bailamos un flash mob proposto dende a FANPA Ferrolterra. 

DESCUBRINDO A LUZ

 

Este trimestre dento do PDI de ciencia estamos traballando a luz.

Para isto, experimentamos con lanternas e cds, con tubos fluorescentes, coa luz ultravioleta, fixémonos preguntas: ¿Que pasa cando non hay luz?, ¿vemos algo?, ¿de que cor é a luz?, xogamos coas sombras... 

Coas fotos que mandastes as familias clasificamos en luz natural e luz artificial ainda que todas e todas xa sabíamos que a mellor luz natural que temos é o SOL ¡Encántanos o sol!

Distribuir contido