Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
4º Educación infantil
Todo un curso inesquecible...
Neste video podemos ver unha selección de fotos do todo o curso 2021/2022 de 4º EI. Fotos de distintos momentos, distintas épocas do ano, pero todas cun sorriso. E para rematar unha sorpresa final onde podemos ver o noso cambio dende as primeras semanas de cole ata as últimas. Esperamos que vos guste.
lectoescritura e lóxico-matemática
Neste video podemos ver unha recopilación de fotos das distintas actividades que fomos facendo no terceiro trimestre referido a actividades de lectoescritra e de lóxico-matemática.
Todas as actividades estan enfocadas a un aprendizaxe mediante o uso de materiais cotidianos, manipulativos, onde poidan utilizar todos os seus sentidos, acercado a actividade a situaciones próximas a realidades con materiais de uso habitual coma botóns, trozos de madeira, bloques, bonecos... Sobre todo, son actividades que chamen a atención do alumnado intentando convertir a aprendizaxe nunha experiencia lúdica e motivadora facéndoa así menos complexa e moito máis divertida.
Esperamos que vos guste, nos aprendemos moito pero sobre todo disfrutamos do camiño.
PARABÉNS ADRIÁN E LARA!
PARABÉNS LARA E ADRIÁN!
Adrián cumpliu 4 anos o 18 de este mes e Lara ainda vai cumprir pero nos adiantamos un pouco o seu aniversario. O pasamos xenial, se ter un cumple é moi divertido imaxinada ter dous o mesmo día. Grazas Lara e Adri polos vosos regaliños pero sobre todo pola vosa compañia.
Agardamos que o pasárades xenial.
Un abrazo xigante coma o da foto.
PARABÉNS NUNO!
PARABÉNS NUNO!
O pasado 13 de xuño Nuno cumpliu 4 anos. Xa somos todos moi maiores, quedan moi poucos por cumprir. A diferenza entre a primeira foto e a do día de hoxe é tan grande que danos por rir cando nos vemos.
Grazas Nuno por compartir con nos unhas galletiñas na merenda, o importante sempre é compartir momentos coas persoas que temos o noso lado. Esperamos que o pasaras xenial no teu día.
Un bico xigante!
CONTOS DE BOCA
Damos por rematados os contos de boca de este curso. Nos encanta que veñan as familias a contarnos un conto, é un momento máxico.
Este trimestre veu a nosa aula Julia a mamá de Adrián, Carolina a mamá de Aitor e José Ángel o avó de Pablo. Encantáronnos todos os contos que nos truxéchedes, ainda que o mellor foi a vosa presencia. Temos que recoñecer que o avó de Pablo cantounos unha canción que nos gustou moito. Sen deixar de menos as mamás que tamén o fixeron xenial pero es que os avós son únicos. Moitísimas grazas familias por vir este ratiño e por contarnos as historias con tanto amor e coidado.
Os esperamos de novo o curso que ven.
GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.
PARABÉNS CHLOE!
¡PARABÉNS CHLOE!
O 8 de Xuño Chloe tamén cumpliu 4 anos. Volvimos a dar 4 voltas ao sol pasando por todas as estacións do ano ata chegar a este día. Temos que recoñecer que chamounos a atención que Chloe non nacera xa cos seus rizos. Non entendíamos moi ben por que nacera co pelo liso e negro. Ainda que todos chegamos a mesma conclusión; Chloe gústanos de todas as maneiras.
Chloe, esperamos que disfrutaras moito de este día. Moitos bicos e grazas polos agasallos.
PARABÉNS CARMEN!
¡PARABÉNS CARMEN!
O día 6 de Xuño Carmen cumpliu 4 anos. 4 voltiñas ao redor do sol mentres mirábamos as fotos de cada ano. Que alegría poder compartir estos momentos tan importantes, xa que o cumpreanos é un dos días mais esperados do ano para os nosos nenos e nenas. Carmen, parabéns e moreas de bicos. Esperamos que o pasaras xenial e moitas grazas polo teu agasallo. Ainda que o mais importante foi poder compartir este día contigo.
MAR DE PALABRAS (20 de maio)
Este venres foi o último taller interactivo de familias. Acompañounos Aguntín o avó de Mara, Lili a tía de Aitor, Generosa a avoa de Marta, Raquel a nai de Chloe e Silivia a nai de Gio.
Como actividades para o último taller propuxemos facer pulseiras cos nosos nomes, o memory coas nosas iniciais, xogamos coas letras lixa a buscar obxectos que comencen pola mesma letra, recostruimos os nosos nomes con letras de madeira y tivemos que buscarnos a nos mesmos en miniatura e clasificarnos dependendo dos nosos nomes.
¡O pasamos xenial! Pero non cabe dúbida que o mellor sempre é a compañia. Grazas familias por vir, por pasar un ratiño con nos.
O máis enriquecedor de todo isto é que veñades a nosa aula, nos coñezamos un pouquiño máis entre todos e pasemos un ratiño entre risas.
PARABÉNS JULIETA!
PARABÉNS JULIETA!
O pasado 10 de maio, Julieta cumpliu 4 anos.
Que felicidade é cando chega o día de ver as fotos nas que éramos tan pequeniños. Julieta creceu moito. Todos e todas dicían que non se parece en nada o día en que naceu pero si que chegamos a conclusión que o que non lle cambiu nada,nadiña é o seu sorriso.
Esperamos que disfrutaras moito deste día. Grazas polos agasallos que nos trouxeches.
Un bico xigante.
MOMENTOS NO PATIO
Aquí podedes ver algunhas fotos dos nosos momentos no patio.
Unhas veces saimos con bicis e motos, outras con tizas para pintar polo chan, outras collemos pelotas pero, sen dúbida os días que máis disfrutamos son os que choveu un pouquiño antes. Os charcos levan toda a nosa atención e atracción e ainda que moitas veces acabamos sucios de arriba a abaixo, é cando máis beneficios obtemos. Xa que necesitamos tocar e sentir coas nosas mans, rebozarnos polo chan, coller obxetos da natureza para poder fomentar a nosa creatividade, estimular a nosa capacidade de aprendizaxe, traballar a nosa capacidade de concentración, pensar e coñecer. E sobre todo disfrutar da natureza.
Logo de volta a aula, necesitamos un momentiño de descanso.
Porque os mellores aprendizaxes sempre parten do disfrute.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »