Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
4º Educación infantil
Cuidamos as plantas e decoración de outono
A pasada semana comezamos o programa coidamos as plantas. Este trimestre coidaremos as de Marco e Lucas, teremos que regalas e limpalas para que medren! Tamén estivemos preparando a decoración de outono para a nosa porta.
Parabéns Lois!
Celebramos o primeiro aniversario na clase de 3 anos, parabéns Lois, esperamos que o pasaras moi ben!
Biblioteca
Como cada xoves imos á biblioteca a cambiar os libros pero tamén a descubrir moitas cousas como o recanto da música, os LEGO, o robot...e moitos mais xogos.
Propostas de actividade
Estas son algunhas das ropostas diarias coas que o alumnado experimenta e aprende, esperamos que vos guste!
BIBLIOTECA
Unha das cousas que mais lle gusta ao alumnado de 4º de educación infantil son os contos. Encóntranos no corredor de educación infantil no recanto do hall e agora tamén comezamos a visitar a biblioteca. Pero nesta biblioteca poden facer moitas máis cousas que ler! coller un libro emprestado para levar á casa, xogar co Kapla, escoitar música... e moitas outras cousas que iremos descubrindo.
ADAPTACIÓN AOS AMBIENTES DE VERBAS E NATUREZA
Pronto comezarán a funcionar os ambientes en educación infantil e todo o alumnado das tres aulas traballará xunto, por este motivo as nenas e nenos de 4º visitaron ao longo desta semana os ambientes de verbas e de natureza para ir adaptándose as súas compañeiras e compañeiros e tamén as mestras.
COÑECENDO ITALIA
As mestras Fina e Silvia viaxaron a Pistoia (Italia) para coñecer as súas escolas. Viñeron cargadiñas de ideas e tamén algúns agasallos; unha caixiña de música e moitos libros.
ACTIVIDADES DE OUTONO
Na clase de 4º de educación infantil o outono aterrou de cheo. Estes días coa profe Alba estivemos comprobando as cores que aparecen nesta época, para facer despois as nosas propias paisaxes otoñais. Tamén xogamos coas árbores espidas que tiñamos que encher de follas. Pero non so quixemos falar do outono, tamén tivemos diferentes propostas como a creación da nosa cara con pedras coas súas partes ou o achegamento aos círculos mediante xogos de grafismo creativo e os bloque lóxicos.
ACTIVIDADES E CLASE
Despois do período de adaptación o alumnado de 4º de educación infantil xa comeza coas actividades cotiás da aula coas diferentes propostas. Entre elas queremos destacar o reciclado de papel no que empregamos os tesouros de verán para a súa decoración.
Período de adaptación 4º Ed. Inf.
O alumnado de 4º de educación infantil xa está casi adaptado ao centro. Despois de contar con 6 días de horario reducido, esta semana xa tiveron o horario habitual do centro. Levan poucos días no noso cole pero moi intensos no que lles deu tempo a coñecer diferentes espazos como a súa aula, o espazo de activación, os baños, os espazos exteriores, o ximnasio, a aula de música e de inglés...; nos que participaron en diferentes propostas como lectura de contos (compartindo espazos co alumnado de primaria), actividades de activación, actividades co proxector, a mesa de luz, os espellos, pintar, debuxar, disfrazarse, xogar aos coidados....e sobre todo compartir e desfrutar do seu centro escolar. Aquí podedes ver unha mostra dalgunha destas actividades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »