Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

"A PELOTA"

Neste primeiros días estamos a facer dinámicas de cohesión como "A pelota"para formar o grupo e coñecernos máis,presentámonos co noso nome e dixemos o nome dos compis que  coñecíamos.Pouco a poucos chegaremos a ser unha gran piña e axudarémonos en todo. 

BENVIDAS FAMILIAS A CENTIEIRAS

Benvida ás familias a Centieiras e a primeira reunión,para tratar aspectos de funcionamento do curso que tivo lugar o día 7  de setembro.

 

Para romper o xeo empezamos cunha dinámica de cohesión " Tea de araña" na que nos presentamos cos nomes e outros aspectos que consideraron oportunos, coñecéndonos un pouquiño e creando un clima cordial.

 

Compartín a miña consideración de que temos unha labor de responsabilidade educativa en conxunto e convideinas a colaborar con nós co fin de actuar de mutuo acordo en beneficio das vosas fillas e fillos,o meu alumnado.

Para rematar realizamos outra dinámica para reflexionar "Debuxa un monstro",as familias cun folio e bolígrafo na man empezaron a facer o debuxo seguindo as miñas indicacións(una cabeza redonda y grande un cuerpo pequeño cubierto de pelos brazos largos con manos pequeñas y garras  piernas cortas pies grandes y  un ojo en medio de la  orejas puntiagudas nariz con orificios cuadrados boca con dientes) e facendo unha exposición a continuación.

A nosa reflexión foi ,todos os monstros son iguais?,por qué non quedaron iguais se as indicacións foron as mesmas?

Esto sucede tamén co meu alumnado,como vedes cada un as entende a súa maneira e cada quen ten o seu ritmo e unhas experiencias previas así coma a comprensión do mundo.Eso sí se a familia e o centro traballamos xuntos terán mellores oportunidades de aprendizaxe

 

Intentarei crear un clima de integración no grupo de familias  ao longo destes cursos coa vosa consideración.

Grazas por vir!

 

A maleta

A maleta é unha actividade de cohesión que comeza a funcionar na aula de 3 anos coa finalidade de que as nenas e nenos se coñezan un pouco mais. O primeiro en traela foi Lois quen nos contou unha fermosa historia de bombeiros.

Cuidamos as plantas e decoración de outono

A pasada semana comezamos o programa coidamos as plantas. Este trimestre coidaremos as de Marco e Lucas, teremos que regalas e limpalas para que medren! Tamén estivemos preparando a decoración de outono para a nosa porta.

Parabéns Lois!

Celebramos o primeiro aniversario na clase de 3 anos, parabéns Lois, esperamos que o pasaras moi ben!

 

Biblioteca

Como cada xoves imos á biblioteca a cambiar os libros pero tamén a descubrir moitas cousas como o recanto da música, os LEGO, o robot...e moitos mais xogos.

Propostas de actividade

Estas son algunhas das ropostas diarias coas que o alumnado experimenta e aprende, esperamos que vos guste!

BIBLIOTECA

Unha das cousas que mais lle gusta ao alumnado de 4º de educación infantil son os contos. Encóntranos no corredor de educación infantil no recanto do hall e agora tamén comezamos a visitar a biblioteca. Pero nesta biblioteca poden facer moitas máis cousas que ler! coller un libro emprestado para levar á casa, xogar co Kapla, escoitar música... e moitas outras cousas que iremos descubrindo.

ADAPTACIÓN AOS AMBIENTES DE VERBAS E NATUREZA

Pronto comezarán a funcionar os ambientes en educación infantil e todo o alumnado das tres aulas traballará xunto, por este motivo as nenas e nenos de 4º visitaron ao longo desta semana os ambientes de verbas e de natureza para ir adaptándose as súas compañeiras e compañeiros e tamén as mestras.

COÑECENDO ITALIA

As mestras Fina e Silvia viaxaron a Pistoia (Italia) para coñecer as súas escolas. Viñeron cargadiñas de ideas e tamén algúns agasallos; unha caixiña de música e moitos libros.

Distribuir contido