Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

PARABÉNS CARMEN!

Hoxe 25 de abril,parabéns para Carmen polo seu 4º aniversario aínda que estamos de vacacións.Celebrámolo no cole a semana pasada e coma sempre houbo festa rachada de gusanitos ,tirón de orellas,voltas ao sol,historia da súa vida no paso dos anos,visualización das súas  fotos dende que naceu,foto de grupo,cancións varias e o seu gran agasallo pintado por Carmen coa nosa guía aproveitando o trazo vertical e horizontal.

Bicos mil Carmen,estades crecendo a mil!

ANIVERSARIO DE ALICIA:PARABÉNS

Hoxe coincidindo coa chegada da primavera,Alicia cumpríu 4 anos,e moito que nos alegramos.A verdade é que dan  moito xogo os aniversarios porque narramos a historia da vida ,contamos os paquetes de gusanitos,contamos os tiróns de orella( que forma parte do noso ritua)l,inventamos agasallos para darlle a Alicia e  xa o mellor é a autonomía para abrir o paquete e comelo.

Parabéns alicia e que cumpras moitos máis!.Un bico grande

CONTOS DE BOCA:OS FANTASMAS NON PETAN NA PORTA

Beatriz,a nai de Alicia,particicipou hoxe no programa de "Contos de boca" cun conto ben precioso que fala da importancia do reforzo positivo.Este conto"Os fantasmas non petan na porta" xa o contou moitas veces e foi toda unha experta á hora de contalo e cautivar as olladas do alumnado.Unha adorable historia que traballa o significado da amizade,o compañerismo e a empatía.Os celos son algo normal,simplemente hay que falalos,ningunha persoa nos pertence!Unoso,unha marmota e un...,son os protagonistas.

Maravilla de programa no que podemos ter as familias connosco!

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS MARZO

De novo tivemos grupos interactivos coas familias para traballar "Un mar de palabras".Unha actividade foi recoñecer o seu nome,recortar coa tesoira para mellorar o manexo desta  ferramenta,facer un arco da vella con plastelina e rodear grafías(A,E,I,O,U,S,T) seguindo un código na poesía de Manuel María  "O arco da vella"de Soños na gaiola.

Como podedes ver acompañounos Mario(aínda que durmido) no seu carriño co seu papá Iván,grazas polo esforzo.Pouco hai que dicir nestas ocasións porque o que ten máis peso sempre é o querer e non o poder.

Sempre resulta unha xornada moi gratificante e a avaliación de ter as familias na aula sempre é positiva.

MALETA PROTAGONISTA:ANNA

 Anna acaba de incorporarse á aula de 3 anos e trouxo a maleta protagonista coa finalidade de coñecela un pouco máis e de que ela falara dos seus obxectos de apego  e así poder facer cohesión co grupo. Foi moi exitosa a apertura da maleta porque rápidamente todas e todos dixeron que lles gustaban os peluches como a Anna ,a cámara de fotos e a pizarra para debuxar.

Benvida Anna,esperamos que tí e a túa familia vos sintades a gusto no cole.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Na xornada de hoxe xogamos cos xogos de mesa"A Cabana" facendo retos de equilibrio de pezas e xogo de cartas de froitas" Halli Galli" adaptándooTamén traballamos oconteo de dinosaurios coas tiradas do dado, e os bloques lóxicos para clasificar por corer e formas xeométricas.Sempre facemos avaliación dos talleres   ao rematar  de si lles gusta ou non que veñan as súas familias e  sempre resulta positiva.

Grazas familias!

CONTOS DE BOCA!OS SETE CABRITIÑOS

Rosa ,a avoa de Inés contounos un clásico como "Os sete cabritiños"no programa de Contos de Boca en galego.Ecomo non podía ser menos con este conto, cautivou todas as olladas e xa non podían abrir máis os seus  olliños.Un conto que sempre gusta ,que sempre triunfa e que non todo o alumnado coñecía.

Grazas Rosa,podes vir cando queiras.

 

GRUPOS INTERACTIVOS:FEBREIRO

Estas fotos son unha mostra de como funcionan os grupos interactivos e do que facemos neles.Nesta ocasión están Mates en familia e Un mar de palabras xuntos.As familias veñen contentas e o alumnado todavía o está máis.É un tempo de actividades moi concentrado,valioso e ameno,pásanos rapidísimo a sesión.Nos dous talleres estamos a recoñecer números,letras,trazar en area,con plastelina,facer as máscaras do entroido,conteo,xogo de cartas para diferenciar o máis grande do máis pequeno,etc...NNNNNNNNNNNN

Actividade de motivaciónPDI:CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA

Hoxe tivemos unha actividade de motivación para iniciar proxecto novo de investigación sobre o consumo responsable da auga e en complicidade coas familias o alumnado non traía auga nas botellas.Esa foi a sorpresa,cando despois de facer a "Milla" tiñan moita sede resultou que non tiñan auga para beber e non entendían nada.

QUE PASA QUE NON TEMOS AUGA E NAS BILLAS TAMPOUCO HAI!

GURPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA E UN MAR DE PALABRAS

Comezamos os tan desexados grupos interactivos coas familias ou participantes achegados ao centro.Forman parte do noso centro e dannos identidade así como unha gran satisfacción poder levalas acabo.

En Mates en Familia xogamos aos Monos Locos facendo conteo e con Abejitas Zum a memoria,cadros artísticos con pinchos e series con chinchetas.

Nun Mar de Palabras creamos as iniciais dos seus nomes propios co dedo con pedras e plastelina;repaso e escritura dos nomes e de derradeiro pintado con bastoncillos do seu nome e conteo das súas letras para comparar cos nomes do resto de compis en cada equipo.

A continuación sempre facemos unha avalición dos grupos interactivos para saber se lles gustan ou non e só podo dicir que son una VICTORIA.

aa

Distribuir contido