Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
4º Educación infantil
PARABÉNS LUCAS!
Esta semana celebramos o primeiro aniversario da nosa clase. Lucas cumpliu 3 anos e celebrámolo vendo as fotos desde o día que naceu ata hoxe. Que preciosidade e que alegría é cumplir anos.
Parabéns Lucas!
A MALETA I
Esta semana comezamos coa dinámica "A maleta", unha dinámica de cohesión na que as nenas e nenos traen das dúas casas na nosa maleta algo que sexa representativo para elas e eles e que nos permita aos demais coñecelos mellor, ver se temos algún interese en común e compartir momentos xuntos.
Esta semana foi o turno de Alén, Thiago, Antón e Rubén. Houbo de todo: cazafantasmas, piratas e illas do tesouro, moitos coches e, como non podía ser doutra forma, a patrulla canina. Tamén leímos un conto e quedamos abraiados con superheroes e planos para atopar restos de dinosaurios.
Así comeza a nosa andaina no cole
Ao longo desta semana que levamos de clase comezamos a nosa andaina no novo cole. Estivemos explorando a escola, os patios, os xogos das diferentes aulas e así seguimos para facernos cada vez máis con este novo lugar.
Seguimos, a ver que nos depara este curso
ANIVERSARIOS:PARABÉNS CELIA PÉREZ E ALMA
Parabéns para Celia e Alma polo seu cuarto aniversario,pasámolo moi ben en cada aniversario pintando o cadro,dando as voltas ao sol e máis comendo os aspitos.Cos aniversarios hai moita aprendizaxe !
BIQUIÑOS PARA AS DÚAS!
GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS
Hoxe remataron os grupos interactivos deste curso e teño que agradecer ás familias a súa participación porque sen elas non serían posibles.O alumnado na avaliación sempre escolle a cariña de alegría por ter na aula ás familias e eu adoro tamén telas.Sen dúbida obtemos os mellores resultados en canto ao aprendizaxe porque multiplícase a atención,concentración e incluso interacción aumentando así o tempo de traballo efectivo sen darse conta.Teño moitísima sorte de ter a axuda de todas as persoas que vides e facedes de dinamizadoras e acompañantes do grupo ,sen vós non tería chegado a todas e todos nunha única sesión.
De novo GRAZAS e seguimos o vindeiro curso.
GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MAIO
Esta sesión foi a derradeira de Mates en familia para este curso 23-24,pero teremos máis e mellor o vindeiro curso.Xogamos coas pezas Numicon e contamos,tiradas de dados e asociación coa grafía e cantidade,dominó de puntos e ao xogo de cartas o peixe máis pequeno.Gústalles moita que veñades familias e a mín máis.GRAZAS!
MACRO-ANIVERSARIO
Parabéns neste macro-aniversario a Pablo,Inés e Rayant que xa teñen cumpridos os 4 anos.Celebramos na clase un súper cumpre,nunca víramos tantos aspitos xuntos.Pois ben, como facemos sempre seguimos o ritual de dar as voltas ao sol coas súas fotos dende que naceron ata o día de hoxe e contala súa historia de vida resumida.Nunca faltan nas nosas celebracións os tiróns de orellas, as cancións de parabéns e a comilona compartida.
A seguir cumprindo!
ESCALERA MARRÓN MONTESSORI
Hola, quiero presentaros en qué estamos estos días. Ahora que ya nos familiarizamos con la torre rosa de Montessori empezamos hoy con la escalera marrón, que es otro material de la pedagogía Montessori compuesta por 10 prismas rectangulares. Trabajamos así el área sensorial experimentando los diferentes grosores,volúmenes ,tamaños y pesos a través de la vista y el tacto.Con esta actividad favorecemos la coordinación,el orden y la concentración a la hora de montarla.Después de las presentaciones ya pueden usarlas cuando quieran.Mirar sus caras de atención,se morían de ganas de hacerla....
GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS
Seguimos cos grupos interactivos e esta semana tocaron actividades de lectura e escritura.Para empezar un bingo de primavera,caminitos de sonidos fonéticos de vogais para chegar á meta,Rasca-rasca para descubrir a palabra segreda e escribila e de derradeira a caixa de sons.Coma sempre estas sesións son moi produccivas .
GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA
Nos grupos desta semana xogamos co Pictureka,patróns de polocubos,creamos monstros según as cantidades indicadas e arquitectura a tope coas pezas de construcción de cidades;e a Fene non lle faltou o centro de saúde,eroski,biblioteca,...Sempre quedan con moita satisfacción de que veñan as familias e eu o entendo porque é marabilloso.Grazas unha vez máis avoas,nais,pais,...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »