Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MAR DE PALABRAS (20 de maio)

Este venres foi o último taller interactivo de familias. Acompañounos Aguntín o avó de Mara, Lili a tía de Aitor, Generosa a avoa de Marta, Raquel a nai de Chloe e Silivia a nai de Gio. 

Como actividades para o último taller propuxemos facer pulseiras cos nosos nomes, o memory coas nosas iniciais, xogamos coas letras lixa a buscar obxectos que comencen pola mesma letra, recostruimos os nosos nomes con letras de madeira y tivemos que buscarnos a nos mesmos en miniatura e clasificarnos dependendo dos nosos nomes.

¡O pasamos xenial! Pero non cabe dúbida que o mellor sempre é a compañia. Grazas familias por vir, por pasar un ratiño con nos. 

O máis enriquecedor de todo isto é que veñades a nosa aula, nos coñezamos un pouquiño máis entre todos e pasemos un ratiño entre risas.