Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS 18/03/2020
Estimadas familias:
Sabemos que estamos ante unha situación de incerteza complicada para todos e todas, pero aínda máis para as nenas e nenos.
É por iso que cremos que sería recomendable que sigan cuns horarios establecidos para cada día, aínda que as rutinas vaian cambiando, que os tempos se repitan día tras día.
Para completar este horario ofrecémosvos diversas tarefas que iremos subindo á web do centro gradualmente, os luns, mércores e venres lectivos de cada semana (este venres non o faremos porque non é lectivo no noso centro).
Ante calquera dúbida podedes falar conmigo a través de AbalarMobil.
O priincipal que vos propoñemos e que aproveitedes este tempo en familia para ler xuntos, contarvos historias e vivencias que coas présas do día adía quedan esquecidas, facer ás nenas e nenos partícipes do día a día encomendándolles tarefas sinxelas do fogar, visualizade e comentade fotos de tempo atrás…intentando así sacar algo positivo de todo isto.
Ánimo!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
proposta de actividaes para a casa 1.pdf | 228.97 KB |