Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
A MALETA IV
Esta semana rematamos coa maleta na nosa clase. Candela e Alicia trouxeron algunhas das súas cousas máis preciadas, que como non podía ser doutra forma incluían a música e os bebés e bonecos.
Aproveitamos para agradecer ás familias a colaboración prestada durante todos estes días nos que a maleta viaxou de casa en casa axudando a traer á escola aquelas cousas que as nenas e nenos máis valoran para poder así compatilas co resto de compañeiras e compañeiros e coa mestra. É unha dinámica moi bonita que une a casa, un espazo coñecido e seguro onde poder ser eles e elas mesmos, coa escola, un novo espazo aínda por coñecer onde poder vivir moitas emocións e experiencias, comezando por esta onde todos e todas xogamos, observamos, escoitamos e aprendemos da cantidade de cousas que temos en común.
Infinitas grazas a todos e todas!