Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Chega o Entroido!
O Entroido está moi preto,
así que pon atención
a todos estes mandados
pola Bruxa Encarnación:
LUNS 13:
O luns, para comezar,
a cabeza engalanada
teremos que levar.
MARTES 14:
Martes, con alegría,
en mandil todo o día!
MÉRCORES 15:
O mércores é un día moi especial
polo que todos xuntos temos que loitar,
apoiando aos nosos compañeiros
un pano na cabeza todos levaremos.
XOVES 16:
O xoves o mandado estará cumprido
cun pixama ben atrevido.
VENRES 17:
O venres chegou a festa:
Ao Concello cantando regueifas!
Mentres xogamos, aprendemos,
os nosos disfraces dan proba delo.
CAMIÑO Á FAMA 6 EI
Ola rapazada e familias!
Hoxe presentámosvos a coreografía realizada o venres pasado polo alumnado de sexto de educación infantil versionando o tema de "FAME" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Puro espectáculo!!!
Ata a vindeira coreografía...
Día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Para iso, cociñamos a mellor sopa do mundo para a paz de Centieiras. Por grupos cooperativos, levando a cabo a dinámica de lapis ao centro, preparamos as receitas para botar na pota e así cociñar unha sopa chea de agarimo, axuda e respecto.
CAMIÑO Á FAMA 1º EP
Ola, nenos/as e familias!
Deixámosvos un novo vídeo da actividade "Camiño á fama" dentro do programa educativo EduSaúde. Desta vez son o alumnado de 1º de educación primaria os verdadeiros artistas desta actividade que tanto lles gusta.
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS
Como cada ano, e este non ía ser menos, comenzamos unha nova tempada de "Crónicas de Centieiras" grazas aos compañeiros e compañeiras de Radio Fene. Desta vez son o alumnado de 5º de EP máis o alumnado de 6º de EI os que se achegaron, o pasado xoves 26 de xaneiro, aos estudos radiofónicos.
Picade no ficheiro adxunto para poder escoitar as cousas tan divertidas e orixinais que nos comentan estes pícaros e pícaras.
SEMANA DA ESCRITURA A MAN
A pasada semana conmemoramos no centro o Día Mundial da Escritura a Man! Estreámonos o pasado curso con esta actividade e tivo tanto éxito que decidimos repetila. A través de diferentes propostas de lettering adaptadas a cada nivel traballamos os trazos principais, diferentes tipoloxías de alfabetos e de números e ata propostas de libre creación xa que temos no centro a verdadeiros e verdadeiras expertas.
Tanto maiores como pequenos e pequenas esfórzanse por facer unha caligrafía impecable, adornada e que da gusto ver. Con esta actividade pretendemos traballar a creatividade, a relaxación, a concentración e tamén espertar novos intereses e talentos.
Admisión, matrícula e portas abertas 2023-2024
A partires do 1 de marzo arranca o proceso de admisión e matrícula do noso cole. O martes 28 de febreiro teremos unha xornada de portas abertas en quendas de mañá e tarde, nas que previa inscrición abriremos non só as nosas instalacións, senón o noso día a día. As persoas que estean interesadas poden enviar un correo a ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal ou rechear o seguinte formulario.
Os horarios son os seguintes:
- Luns 27 febreiro - quenda tarde: 16:00-17:00
- Martes 28 febreiro - quenda de mañá: 10:00-11:30
- Martes 28 - quenda de tarde: 16:00-17:00 ou 17:00-18:00
Mais información do proceso de admisión e matrícula no seguinte enlace.
Visita ao CPI A Xunqueira
Achégase a data en que o alumnado de sexto xunto coas súas familias deciden en que centro vai continuar os seus estudos. Esta mañá fomos convidados a coñecer o CPI A Xunqueira. Tratáronnos moi ben, Isabel, a directora, levounos a visitar as diferentes aulas do centro onde coñecimos a profesoras e alumnos que nos explicaron o que estaban a facer e as posibilidades e recursos cos que conta o centro. A visita rematou da mellor maneira, convidáronnos a un chocolate con churros na cafetería do centro. Moitas grazas a todos e todas pola acollida.
PROTECTORA DE ANIMAIS "COMETA"
En terceiro e cuarto de primaria neste segundo trimestre, na área de ciencias da natureza, estamos a traballar o tema dos animais; hoxe, como introducción ao tema recibimos a visita de Nuria e Sofía, dúas voluntarias da protectora de animais "Cometa" que viñeron contarnos como debemos coidar ás nosas mascotas.
Case todos temos na casa algún can ou gato aos que coidamos con moito agarimo, nalgúns casos témolos soltos pola finca, noutros están en pisos e noutros están atados a unha cadea e viven nunha caseta fóra. Estas voluntarias déronnos pautas do que debemos facer e non facer cooas nosas mascotas: faláronnos de que igual ca nós, eles deben ter unha boa saúde emocional, psíquica e nutricional... Contáronnos en que consistía cada un destes apartados e déronnos pistas de como facer se un can se achega a nós e intenta "trepar" polo noso corpo.
Elas saben que, como nenos e nenas que somos, gústanos moito "achuchalos" e collelos no colo, pero dixéronnos que non debemos facelo se non queren; tamén que debemos deixalos tranquilos mentres comen... e moitísimas cousas máis para que os nosos cans e os nosos gatos teñan unha boa vida.
Faláronnos da importancia da adopción de cans e gatos, nestes momentos na súa protectora teñen moitos animais que ninguén quere pola idade que teñen, algúns son xa moi maiores, e que todos os que van adoptar prefiren cachorros e non se dan de conta de que, un can ou un gato dunha idade xa maior é moito mellor de coidar ca un pequerrecho.
Estivemos todos moi atentos e fixémoslles moitísimas preguntas que elas contestaron con moito cariño... Gustounos moito esta visita pois descubrimos cousas que non sabiamos.
Para rematar entregámoslles un pequeno agasallo: unha bolsa co logo do noso cole e unha libreta coa imaxe gañadora do PDI deste ano: Nuria díxonos que xa a ían estrenar para anotar as datas das desparasitacións dos animais da súa protectora.
Agradeceron que estiveramos todos e todas tan atentos.... Moitas grazas Nuria e Sofía por ter viso ao noso cole!!!
CAMIÑO Á FAMA 3º EP
Retomamos a actividade de "CAMIÑO Á FAMA" coa primeira exhibición deste segundo trimestre. Esta vez tocoulle a quenda ao grupo de terceiro de primaria. Estiveron marabillosos/as. PARABÉNS RAPAZADA!!!
Talleres e badaladas de Nadal en Centieiras
Durante a mañá de hoxe tivemos moitas actividades!
Talleres coas familias, xogos, Christmas market, badaladas e ata un invitado moi especial! Aquí vos deixamos os vídeos e fotos dunha mañá que deu moito, moito de si.
Vémonos á volta! Felices festas!
Nadal en Centieiras!
Bo día!
O xoves 22 de decembro será un día moi especial. Este é o horario do que vai pasar:
9:00-11:00 Xogos nas aulas coa participación das familias (inscripción previa)
11:00-11:15 Merenda
11:15-11:45 Recreo
12:00 Badaladas coa participación das familias que se queiran achegar. Sorteo da ANPA. Christmas Market
12:15 Invitado especial en Centieiras
Xogos na aula
Dependendo do nivel, as persoas titoras teñen organizadas distintas actividades coa colaboración das familias. Vai ser fenomenal!
Badaladas
As nosas presentadoras guiarannos neste fin de ano escolar e poderemos comer as uvas/gusanitos todos xuntos ao ritmo das campás.
Christmas Market
Os nenos e nenas de sexto de primaria, xunto coas súas familias, levan traballando arreo durante todo o trimestre para ofrecernos un mercado de nadal onde poder mercar adornos e outras cousas realmente bonitas e poder así recadar diñeiro para a excursión de fin de curso. Aquí tedes unha mostra das marabillas realizadas! O mercado estará no cole na pista cuberta do centro a partir das 12:00h
Recordade que todas as persoas que queiran levar aos seus fillos/as antes da hora de finalización das clases deben asinar ás persoas titoras unha xustificación (temos xa un documento, é buscar ás titoras e deixar asinado.
CAMIÑO Á FAMA 4º EP
Bo día familias.
Os últimos en amosar as súas dotes artísticas foron as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria.
Vaia nivelazo hai neste centro!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »