Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Día das Escritoras

Hoxe, luns 16 de outubro, conmemoramos o Día das Escritoras. Esta data vense conmemorando dende outubro do 2016  para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. Este luns traballamos  o poema de Gloria Fuertes "Poema al No". Pasamos o poema ao galego, o escribimos entre todos e todas e fixemos un pequeño mural para decorar a porta da nosa aula.

 

 

 

Gatiza volve ao cole polo Samaín!

Ola, rapazas e rapaces de Centieiras! Xa estamos en outubro e este mes celébrase unha das miñas festas favoritas, o Samaín! Celebrarémolo na escola o día 31 de outubro e, para iso, poderedes vir disfradas e disfrazados ese día ao cole e poderedes traer as vosas cabazas decoradas desde o día anterior, o luns 30 de outubro.

Ademais, aproveito para pedirvos que escribades contos de medo arrepiantes e fagades debuxos de terror para decorar a escola e crear un ambiente terrorificamente divertido!

Conto con vós!

 

INICIAMOS PEGADAS VERDES EN 1º E 2º

Nas aulas de 1º e 2º xa estamos a tope co noso proxecto documental integrado.

O pasado luns realizamos na biblioteca un xogo no que traballamos o impacto dos microplásticos no mar e nos diferentes seres vivos. Convertémonos en placton, sardiñas, bonitos, baleas, tartarugas e tamén en pescadores para aprender sobre a cadea trófica. Foi unha actividade moi visual coa que seguimos a concienciarnos sobre o uso de plásticos e a contaminación en xeral.

Seguimos traballando! 

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

Tedes a vosa disposición a Programación Xeral Anual para este curso académico 2023-2024 premendo na imaxe. Esta, foi aprobada polo Consello Escolar o día 10 de Outubro de 2023. 


INICIAMOS O NOSO PROXECTO!

O pasado venres 6 de outubro inauguramos o noso proxecto documental integrado que pretende traballar e concienciar sobre o coidado do medio ambiente.

Que fixemos para esta ocasión tan especial? Aproveitamos que ese día se levaba a cabo a XII Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA e aproveitamos para limpar a Praia de San Valentín.

Puxémonos en marcha ás 10 e media da mañá e todas xuntas e xuntos fomos camiñando ata alí formando parellas de pequenas e pequenos e maiores.

Unha vez alí, expertas da asociación ADEGA faláronnos un pouquiño sobre aspectos básicos a ter en conta na praia e logo xa nos puxemos mans á obra. Traballamos moito e tamén desfrutamos un pouquiño da área e dos compañeiros e compañeiras.

Ao final, clasificamos a basura atopada e o que máis nos sorprendeu é que había un montón de pauiños de limpar os oídos! En total e aínda que a praia parecía moi moi limpa logramos recoller 25 quilos de lixo!

Unha vez chegamos ao cole,  para rematar este día, fixemos a votación do nome do noso proxecto.

As nenas e nenos escolleron: PEGADAS VERDES!

Non vos esquezades deste nome porque seguro o oiredes moitas veces máis ao longo do curso!

3,2,1 Arrancamos!

Grazas a ADEGA pola axuda e a predisposición e ao Concello de Fene polas luvas e a colaboración en toda a loxística. Da gusto facer escola deste xeito. 

MATERIAL ESCOLAR

Premendo na imaxe atoparedes o material escolar preciso para este curso escolar 2023-2024.

ADSCRICIÓN CURSO 2023-2024

Profesorado adscrito para o curso 2023-2024:

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º Educación infantil: Josefina Herreros Calvo
  • 5º Educación infantil: Silvia María Filgueira Pena
  • 6º Educación infantil: Beatriz Gamallo Permuy
  • Mestra de apoio de infantil: Alba Tenreiro López

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 1º Educación primaria: Sara Pérez Ruiz
  • 2º Educación primaria: Andrea Fernández López
  • 3º Educación primaria: María del Carmen Leira Moreno
  • 4º Educación primaria: Ana María Barro Casas
  • 5º Educación primaria: María Cristina Acevedo Varela
  • 6º Educación primaria: Isabel Torrente Seco

PROFESORADO ESPECIALISTA:

  • Audición e Linguaxe: Gloria Gómez Edreira, compartida co CPI A Xunqueira (centro base)
  • Educación Física: Abel González Varela
  • Inglés: Iria Sande Garrote
  • Orientación: María Elisa Martínez Palacios, compartida con CEIP Santiago Apóstolo
  • Pedagoxía Terapéutica: María Macarena Espiñeira Filgueiras
  • Relixión católica: Teresa María Anca Ardao, compartida con CEIP Maciñeira
  • Educación musical: Sabela Paz Romero

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Bo día,

do 3 ao 31 de xullo o horario de atención presencial será de 10:00 a 13:00, previa cita, chamando a calquera dos seguintes teléfonos:

- 881930133

- 881930134

- 644765166

Proxecto Educativo e Funcional de Centro

Presentamos o Proxecto Educativo e Funcional de centro aprobado por unanimidade en Claustro e Consello Escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou no documento adxunto máis abaixo.

 

 

Atentamente,

Iria González Grande

Directora

Memoria final curso 2022-2023

Publicamos a memoria final do curso 2022-2023 aprobada en Claustro e Consello escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou adxunta ao final da noticia.

Publicada a listaxe definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-2024

Bo día:

Está publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o ano 2023-2024 que se pode consultar na entrada do centro ou a través da aplicación FondoLibros.

Os lotes de libros de texto e os cheques de material e libros entregaranse na secretaría do centro a partir do 4 de setembro de 2023. Recordamos que o caderno de lingua inglesa dos niveis 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria non está incluido nos lotes de libros polo que debe mercarse, e pode ser pagado co cheque de material escolar.

Grazas e bo verán!

Memoria Observa_Acción Fase 2

Publicamos a memoria da fase 2 do programa Observa_Acción realizada en colaboración co CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Estamos moi satisfeitas do aprendido e ilusionadas polo que está por vir!

 

 

Este é o vídeo en formato entrevista que realizamos como resumo do programa:

Listaxe de libros de texto curso 2023/2024

Adxunta nesta noticia atoparedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024

ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!

Ola, rapazada! Ola, familias!

Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.

Desexo que sexa do voso interese.

Moitas apertas... e bo verán!!!

Distribuir contido