Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Atención a familias

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Bo día,

do 3 ao 31 de xullo o horario de atención presencial será de 10:00 a 13:00, previa cita, chamando a calquera dos seguintes teléfonos:

- 881930133

- 881930134

- 644765166

MAR DE PALABRAS 29 DE ABRIL

Esta vez viñeron a pasar un ratiño moi especial con nos Natalia, Carmen, Yaiza e Verónica.

Fixemos distintas actividades dentro do taller de mar de palabras: tiñamos que recoñecer os ollos dos nosos e nosas compañeiras e compañeiros de relacionalos co seu nome, darlle co matamoscas as moscas que levaban a letra que escoitábamos, uns puzzles de letras e imaxes nos que buscábamos a imaxe que comezara por esa letra e un mémory coas nosas caras e as nosas iniciais. 

Grazas familias por vir!

CONTOS DE BOCA

O momento do conto de boca encántannos! 

Tivemos a sorte este trimestre de contar con 3 nais para este momento. Jessica a nai de Lara, Alba a nai de Martiño e Natalia a nai de Carmen F. Pero Natalia non viña soa, traia consigo a Greta. Greta e a irmá de Carmen e a coñecemos dende que estaba na barriga da súa mamá. ¡Si, si! Fomos partícipes de cando estaba na súa barriga, cando Carmen chegada todas as mañás e pasaba o parte de como estaba a cousa, a pregunta sempre era: ¿Carmen, xa eres a irmá maior? Todos os días a resposta era non ata que un día entrou dicindo que nos tiña que contar algo... ¡¡¡¡¡¡Xa naceu!!!!!!!!!  ¡Qué alegria! Estabamos desexando vela en persoa dende aquela. Grazas papis por traela o noso cole. Algúns xa querían que quedara, tiñamos camas de sobras dos nosos bebés. 

Ainda que Natalia contou moi ben o conto, o centro de atención non podía ser outra que Greta. 

Alba e Jessica tamén o fixeron xenial, encantáronnos os contos que nos trouxeron pero sen dúbida o que mais disfrutamos e a súa presenza no cole.

 

Grazas mamis por vir e estar un ratiño con nos.

 

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo tivemos unha idea moi especial para celebrar o Día da Poesía. Preparamos varios poemas a partir do poema que xa tíñamos aprendido de Rosalía de Castro "O Moucho". A partir del surxiron distintas ideas que remataron en 5 poesias distintas falando de 5 animais que titulamos: "Eu ben vin". Logo fixemos por grupos as ilustración referidas a cada poema, cada equipo un animal. Unha vez rematado decoramos o noso cadro, enmarcámolo e listo para colocar no escaparate dun comercio de Fene. Finalizada a súa elaboración comezaba a segunda parte da actividade; a súa busca.

Coa axuda das familias, polas rúas e establecementos de Fene, buscaron e buscaron ata atopalo. Darían con el? Por suposto que sí, e non solo con el senón cos os outros 10  poemas elaborados polas compañeiras e compañeiros dos outros cursos do cole.

Un día moi especial!

 

Reunións virtuais coas familias inicio de curso 2020/2021

O luns 7 de setembro teremos reunións virtuais coas familias a través da aula virtual de cada alumno ou alumna. Estas reunións serán gravadas e estarán dispoñibles durante unha semana na aula virtual para que as persoas que non poidan asistir poidan visualizalas. Os horarios son os seguintes:

Próximamente estarán actualizadas as aulas coas mestras que impartirán docencia durante este curso e a actividade da reunión lista.

Distribuir contido