Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MAR DE PALABRAS 29 DE ABRIL

Esta vez viñeron a pasar un ratiño moi especial con nos Natalia, Carmen, Yaiza e Verónica.

Fixemos distintas actividades dentro do taller de mar de palabras: tiñamos que recoñecer os ollos dos nosos e nosas compañeiras e compañeiros de relacionalos co seu nome, darlle co matamoscas as moscas que levaban a letra que escoitábamos, uns puzzles de letras e imaxes nos que buscábamos a imaxe que comezara por esa letra e un mémory coas nosas caras e as nosas iniciais. 

Grazas familias por vir!