Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
DÍA DA POESÍA
O día 21 de marzo tivemos unha idea moi especial para celebrar o Día da Poesía. Preparamos varios poemas a partir do poema que xa tíñamos aprendido de Rosalía de Castro "O Moucho". A partir del surxiron distintas ideas que remataron en 5 poesias distintas falando de 5 animais que titulamos: "Eu ben vin". Logo fixemos por grupos as ilustración referidas a cada poema, cada equipo un animal. Unha vez rematado decoramos o noso cadro, enmarcámolo e listo para colocar no escaparate dun comercio de Fene. Finalizada a súa elaboración comezaba a segunda parte da actividade; a súa busca.
Coa axuda das familias, polas rúas e establecementos de Fene, buscaron e buscaron ata atopalo. Darían con el? Por suposto que sí, e non solo con el senón cos os outros 10 poemas elaborados polas compañeiras e compañeiros dos outros cursos do cole.
Un día moi especial!