Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
CONTOS DE BOCA
O momento do conto de boca encántannos!
Tivemos a sorte este trimestre de contar con 3 nais para este momento. Jessica a nai de Lara, Alba a nai de Martiño e Natalia a nai de Carmen F. Pero Natalia non viña soa, traia consigo a Greta. Greta e a irmá de Carmen e a coñecemos dende que estaba na barriga da súa mamá. ¡Si, si! Fomos partícipes de cando estaba na súa barriga, cando Carmen chegada todas as mañás e pasaba o parte de como estaba a cousa, a pregunta sempre era: ¿Carmen, xa eres a irmá maior? Todos os días a resposta era non ata que un día entrou dicindo que nos tiña que contar algo... ¡¡¡¡¡¡Xa naceu!!!!!!!!! ¡Qué alegria! Estabamos desexando vela en persoa dende aquela. Grazas papis por traela o noso cole. Algúns xa querían que quedara, tiñamos camas de sobras dos nosos bebés.
Ainda que Natalia contou moi ben o conto, o centro de atención non podía ser outra que Greta.
Alba e Jessica tamén o fixeron xenial, encantáronnos os contos que nos trouxeron pero sen dúbida o que mais disfrutamos e a súa presenza no cole.
Grazas mamis por vir e estar un ratiño con nos.