Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Convocatoria axudas libros de texto e material escolar

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REALIZARASE PREFERENTEMENTE POR VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO (coa chave365):

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Excepcionalmente no centro educativo, no horario de atención ás familias: 

Luns - mércores - xoves 9:00-10:30

BENEFICIARIOS: Alumnado de educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

 

  • Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º 3º e 4º e educación especial.

 

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

 

  • Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

 

Comprobación de datos . 

 

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

 

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.
  • DNI ou NIE da persoa representante.

 

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación : 

 

  • Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
  • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 

Consentimento para a comprobación de datos . 

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

 

  • Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

 

 

 

 

 

Os Maios

A semana pasada celebramos a festa dos Maios. Para isto, o alumnado colaborou traendo á escola flores, fiúncho, laranxas, limóns e ovos cos que confeccionar os dous maios, un de Educación Infantil e outro de Primaria.

Xa con todos os materiais preparados, alumnado e profesorado puxéronse mans á obra e traballaron sen descanso ao longo da mañá do xoves día 12 para crear uns preciosos maios cos que desfilar ao día seguinte ata a Praza do Concello de Fene.

 

Ao día seguinte, o venres día 13 de maio, toda a escola participou no desfile. Que guapas e guapos estabamos cos nosos sombreiros de palla adornados con flores e que bonitos quedaron os maios, pero como pesaban! Aínda que, colaborando entre todas e todos, e incluso con axudas das familias, puidemos levalos ata a Praza do Concello.

 

Durante todo o desfile e na praza estivemos moi ben acompañados polas familias do alumnado que por nada do mundo querían perderse esta celebración. E normal, porque alí, os nenos e nenas de Infantil bailaron a muiñeira Felisa vai en coche e fixérono de marabilla, vaia ritmo teñen estes pequerrechos e pequerrechas!

A continuación, o alumnado de Primaria bailou a Muiñeira de Lugo e tamén o fixeron xenial! Que bos bailadores e bailadoras temos en Centieiras!

Tamén fixemos unhas fotos todas xuntas e xuntos que quedaron ben chulas. Mirade, mirade:

E despois, volta ao cole cos maios ao lombo de novo. Estes nenos e nenas de Centieiras son uns forzudos!

Xa na escola, fixemos máis fotos lucindo sorrisos e posando cos maios e, finalmente, merendamos e xogamos no patio desfrutando dun marabilloso día de primavera.

Aquí tedes o vídeo da xornada:

 

 

 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e por participar con nós na festa dos Maios.

OBRADOIRO "REFUXIOS PARA MORCEGOS"

 

REFUXIOS PARA MORCEGOS 

 

No día de onte, o noso alumnado de 5ºA, 5ºB e 6º tiveron a sorte de realizar un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Ademáis da parte de construción, tamén obtiveron un montón de información sobre estes mamíferos. 

Mirade que ben o fixeron!

 

 

 

OBRADOIRO PARA CONSTRUIR COMEDEIROS DE PAXAROS

 

                                         COMEDEIROS DE PAXAROS

 

Hoxe o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de E.P tiveron a sorte de deseñar uns comedeiros para paxaros. Deixamos unhas fotos do obradorio para que vexades que ben o fixeron!

 

 

 

 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS (MAIO)

Hoxe as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria e de 4º de Educación Infantil visitaron o estudio de Radio Fene para gravar un novo programa de radio e poñernos ao día coas últimas novidades de Centieiras.

Esperamos que o desfrutedes. 

http://173.255.131.18/audio/050522CRONICAS.mp3

Xogando co atletismo

A pasada semana o alumnado de Educación primaria participou nunha actividade de deporte e saúde chamada Xogando co atletismo, organizada polo concello de Fene. Ao alumnado de 5º e 6º de primaria tocoulles ir o mércores día 27 de abril ao pavillón do CEIP O Ramo para desfrutar de distintas probas de atletismo con outros centros educativos da contorna. A continuación podedes ver algunhas fotos das rapazas e rapaces de 5º e 6º correndo, saltando e gozando co deporte.

 

XOGANDO CO ATLETISMO

 

                                       XOGANDO CO ATLETISMO

 

A semana do 25 ao29 de abril disfrutamos dunhas Xornadas Deportivas de "Xogando co Atletismo". O alumnado de primaria realizou diferentes probas relacionadas con este deporte: carreiras, saltos, relevos e lanzamentos. 

 

Foi unha xornada divertida, entretida e moi movida. 

 

Deixamos unhas fotos do alumnado de 4º e  3º, que foron os primeiros en acudir a estas Xornadas. 

 

 

 

 

 

Distribuir contido