Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Memoria de estado do centro. Solicitude de rehabilitación integral á xefatura territorial
O 13 de xullo foi aprobado en consello escolar o documento adxunto e o envío dunha solicitude de rehabilitación integral dirigida á Xefatura Territorial da Coruña.
Este documento reflexa o estado das instalacions do centro dunha forma moi gráfica e concisa e cremos necesario que a comunidade educativa sexa coñecedora.
Damos desta maneira difusión ao documento para o que contamos coa inestimable colaboración de Laura Rey, arquitecta e nai do cole, ao acordo do consello escolar e á solicitude que se deriva.
Esperamos que desta forma se avance na mellora do centro, a cal impacta directamente na calidade da ensinanza que Centieiras quere para o seu alumnado.
DESPEDIDA FIN DE CURSO
O martes 22 de xuño rematou o curso académico 2020-21 e entre outras cousas, a ANPA quixo celebralo con nós. Dirixímonos cara o pavillón onde deron lectura a un manifesto moi emotivo ao redor do que foi este curso escolar. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun premio para o/a gañador/a dun concurso organizado por eles/as, onde tiñan que realizar un debuxo para empregalo a propia ANPA como o seu logo. Finalmente a gañadora foi Daniela, unha alumna de 6ºA á cal lle encanta debuxar, e faino fenomenal!!!
Posteriormente fixeron entrega dunha medalla e duns pequenos agasaios a todo o alumnado polo ben que o fixeron neste ano tan complicado. A continuación pasamos todos e todas por un photocall montado pola ANPA, co lema do PDI traballado este ano, EMOTICENTI. Alí os/as protagonistas sentíronse verdadeiras estrelas, ou non o son??? Por suposto que SÍ!!!
PARABÉNS a todos e a todas os/as que formamos parte desta comunidade educativa: alumnado, familias, ANPA, profesorado, conserxe e servizo de limpeza.
Deixámosvos un ENLACE para ter acceso ás imaxes sacadas dese día.
Moi bo verán a todos/as!!!
Equipo docente do CEIP Plurilingüe de Centieiras
Ruta en KAYAKS pola ría de Ares
O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.
Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.
Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.
Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!
Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.
Relación de libros de texto curso 2021/2022
Adxuntamos un PDF coa relación de libros de texto para o curso escolar 2021/2022
MATRÍCULA CURSO 2021-2022 DO 20 AO 30 DE XUÑO
Os documentos a entregar debidamente cubertos son os seguintes que atoparedes adxuntos mais abaixo:
- Anexo III-1: documento de formalización de matrícula de educación infantil e primaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións ou xustificante médico certificando que o alumno/a posúe tódalas vacinacións propias da idade.
- 3 fotografías tamaño carné (co nome do alumno/a escrito no reverso)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria individual do alumno/a
- Datos de saúde do alumnado
- Autorización do uso da imaxe
- Autorización saídas educativas
- Autorización recollida alumnado
- Cuestionario lingua materna (soamente educación infantil)
Día do Medio Ambiente
O día 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente, pero no cole, celebrámolo o luns día 7 realizando unha plantación. Estivemos colocando diversas plantas gabeadoras para embelecer o valado que dá cara ao río. Aquí podedes desfrutar dalgunhas das imaxes da xornada organizadas por grupos.
Entrega das cestas de benestar nos centros de maiores de Fene
O venres 28 de maio Iria e Espe en representación do cole foron entregar as cestas de benestar aos centros de maiores de Fene: Afago, Resanes e Xuntanza. A cestas de benestar son o produto final do noso PDI, Emoticenti co que buscamos ter un impacto na nosa comunidade e que os nosos maiores disfruten tanto coma nós este ano.
En todos os centros nos recibiron con moito cariño e nos recalcaron as gañas que tenen de ver aos nenos e nenas e de utilizar todo o que lles preparamos. Aquí está o vídeo da entrega en cada un dos centros:
O noso proxecto de #mestradeobra
Dende xaneiro no cole tivemos unha revolución que implicou pensamento arquitectónico, moreas de creatividade e montañas de motivación. Trátase do proxecto #mestradeobra que xunto co CFR de Ferrol e con Fermín e Leticia de Sistema Lupo fomos desenvolvendo no cole.
Realizamos diversas actividades:
- Unha reunión inicial cos arquitectos, concello, familias e profesorado
- Unha investigación en familia sobre as orixes e o pasado do centro
- Aprendizaxe sobre escalas
- Lectura e interpretación de planos e mapas
- Traballo do pensamento crítico a través dunha análise DAFO
- Creación de planos coas nosas ideas sobre o que nos faría felices no cole
- Taller de construcción con pezas Lupo con Leticia e Laura
- Formación co profesorado
- Búsqueda do tesouro
- Creación de maquetas
- Exposición das nosas maquetas
- Presentación do anteproxecto á comunidade educativa
Para ler con calma toda a información das actividades e ver as fotos de cada unha delas, podedes facer click na seguinte imaxe:
Ademáis da presentación das maquetas, os nenos e nenas de Centieiras nos explicaron como está recollido no seguinte vídeo o cole que queren.
Despois de ter traballado tanto, Leticia e Fermín nos presentaron o anteproxecto que deseñaron para Centieiras. Podedes ollalo facendo click na imaxe de abaixo. A ilusión non nos cabe no corpo!
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS, MAIO
Non queremos rematar maio sen contarvos as novidades e cousiñas máis destacadas que as nenas e nenos do noso cole estiveron a facer neste tempo.
Nesta ocasión os encargados e encargadas de contárnolo son o alumnado de 6ºB de Educación Primaria en colaboración coas nenas e nenos de infantil.
Aquí vos deixamos o enlace para poder escoitarlo.
Esperamos que vos guste.
CÓNTOCHE QUE SEI FACER? MAIO
Aquí vos deixamos a última entrega do curso do programa "Cóntoche que sei facer?"
Agardamos que vos gustara e que pasarades bos momentos véndoo e descubrindo algunhas das cousiñas tan estupendas que as nenas e nenos do cole fan no seu tempo de lecer.
Grazas pola vosa participación rapaces/as. Estades feitos uns auténticos e autenticas artistas!
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d360521395k9505440o2l1/CNTOCHE_QUE_SEI_FACER_MAIO
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Ao longo da semana pasada o alumando andivo a investigar e recopilar información de Xela Arias, a autora a quen este ano a Real Academia Galega (RAG) lle adicou o 17 de maio.
Con todos os datos recadados deseñou carteis e paneis informativos da súa vida e obra para logo, montar con eles unha exposición polos corredores do colexio.
A continuación deixámosvos un vídeo que recolle as máis destacadas imaxes desta homenaxe que o noso alumnado lle rendiu.
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d360523063k2919275o2l1/LETRAS_GALEGAS_2021
MAIOS
O martes 11 de maio celebramos "Os Maios" no cole.
Que ben o pasamos colocando as flores!
Ollade que ben quedaron clicando no enlace.
https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d360268575k6452078o1l1/Maios%20centi
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »