Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Secretaría

PROGRAMACIÓNS

O acceso ás programacións deste curso poderá facerse a través da aplicación PROENS. Para facelo tedes que introducir o nome do centro ou o código 15022981.

Admisión alumnado curso 2023/2024

A día de hoxe publícase a listaxe de persoas admitidas para o curso 2023/2024, sendo aceptadas todas as solicitudes de admisión con 16 persoas en 4º de educación infantil e unha persoa nova que se suma a 6º EI

Benvidas!

Suspendidas as clases a partir do luns 16 de marzo

Boa tarde,

Debido ás novas instruccións relativas ao COVID-19 que podes ler aquí, ademáis da SUSPENSIÓN de calquera actividade lectiva ou extraescolar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo, únese o peche das instalacións e o teletraballo por parte do claustro de profesorado e do equipo directivo.

A partir do mércores 18 de marzo aparecerán suxestións didácticas para todos os cursos na web nos apartados "actividades de infantil" e "actividades de primaria". 

A atención ás familias se articulará por medio da web e da aplicación Abalar móbil, a cal agora máis que nunca é necesario que instaledes e rexistredes. Todo o profesorado estará dispoñible en horario lectivo, de 9 a 14h para resolver dúbidas e atender ao alumnado e familias. Para isto, as titoras e especialistas abrirán un canle de comunicación a través de mensaxería na aplicación Abalar móbil.

Tamén estará habilitada a atención telefónica nos teléfonos do centro.

Dende o centro estamos á espera de futuras instruccións para poder ir solucionando os posibles problemas que vaian aparecendo nestas semanas excepcionais.

Moitas grazas a todas e a todos pola paciencia, a colaboración e responsabilidade.

Atentamente,

Iria González Grande.

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA DURANTE O CURSO 2019 – 2020.

                                                       

1.- Normativa reguladora

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 12 de marzo do 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

2.- Oferta de postos escolares:

 

CURSOS

POSTOS OFERTADOS

 

       INFANTIL

25

14

13

 

 

         PRIMARIA

4

7

3

21

5

0

 

3.- Centro de adscripción do CEIP Plurilingüe de Centieiras:

  • CPI a Xunqueira.

 

4.- Centro adscritos ao CEIP Plurilingüe de Centieiras:

  • CEIP de Sillobre.

 

5.- Calendario:

1-15 de febreiro

Reserva de praza. Cambio dun centro a outro ao que se esté adscrito.

Antes do 28 de febreiro

Publicación dos postos escolares vacantes.

1 - 20 marzo

Presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado.

Antes do 25 de abril

Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio

Presentación das listas definitivas de admitidos e non admitidos.

20 – 30 xuño

Formalización da matrícula.

 

6.- Área de influencia do centro:

A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

 

7.- Servicios complementarios que ofrece o centro:

  • Transporte escolar.
  • Comedor, xestionado pola ANPA.
  • Servizo de madrugadores, xestionado pola ANPA.
  • Actividades extraescolares (robótica, tenis, little chef, pintura…), xestionadas pola ANPA.

 

NOTAS INFORMATIVAS:

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Listaxe provisional admitidos e excluídos axudas material e fondo libros de texto

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos para as axudas de material e fondo de libros de texto. 

Distribuir contido