Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Complementarias

XORNADAS DE ATLETISMO DIVERTIDO!!!

Ola, familias e alumnado!

O pasado martes, mércores e xoves (18, 19 e 20 de marzo) tiveron lugar un ano máis, as xornadas de Atletismo Divertido por medio de XOGADE e o concello de Fene. Como o tempo acompañounos en todo momento favoreceu que poideramos empregar as instalacións deportivas de atletismo no lugar do Pazo, en Barallobre. Alí comapartimos experiencias durante tres días con outros rapaces e rapazas de todos os colexios de educación primaria do concello de Fene. Trátase dunhas xornadas de convivencia onde hai un pequeno grao de competitividade (san loxicamente) e cuns elementos fundamentais, o deporte como eixe vertebrador para facer exercicio, adquirir valores que nos forman como boas persoas e o divertimento. Poidemos desfrutar de varias disciplinas deportivas onde os rapaces e rapazas demostraron ser uns campións e campionas. Así practicaron varias disciplinas como por exemplo: lanzamento de xabelina, lanzamento de pelota, salto lateral a pés xuntos, salto a pés xuntos, salto con carreira previa, salto de tesoira, carreiras de velocidade, carreiras de relevos, carreira de relevos en gymcana... O alumnado pasouno xenial e o máis importante, trataron de facelo o millor posible dentro das posibilidades que ten cada un.

PARABÉNS a todos e a todas!!! 

 

 

DESPEDIDA FIN DE CURSO

O martes 22 de xuño rematou o curso académico 2020-21 e entre outras cousas, a ANPA quixo celebralo con nós. Dirixímonos cara o pavillón onde deron lectura a un manifesto moi emotivo ao redor do que foi este curso escolar. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun premio para o/a gañador/a dun concurso organizado por eles/as, onde tiñan que realizar un debuxo para empregalo a propia ANPA como o seu logo. Finalmente a gañadora foi Daniela, unha alumna de 6ºA á cal lle encanta debuxar, e faino fenomenal!!!

Posteriormente fixeron entrega dunha medalla e duns pequenos agasaios a todo o alumnado polo ben que o fixeron neste ano tan complicado. A continuación pasamos todos e todas por un photocall montado pola ANPA, co lema do PDI traballado este ano, EMOTICENTI. Alí os/as protagonistas sentíronse verdadeiras estrelas, ou non o son??? Por suposto que SÍ!!!

PARABÉNS a todos e a todas os/as que formamos parte desta comunidade educativa: alumnado, familias, ANPA, profesorado, conserxe e servizo de limpeza.

Deixámosvos un ENLACE para ter acceso ás imaxes sacadas dese día.

Moi bo verán a todos/as!!!

Equipo docente do CEIP Plurilingüe de Centieiras

Día do Medio Ambiente

O día 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente, pero no cole, celebrámolo o luns día 7 realizando unha plantación. Estivemos colocando diversas plantas gabeadoras para embelecer o valado que dá cara ao río. Aquí podedes desfrutar dalgunhas das imaxes da xornada organizadas por grupos.

 

O noso proxecto de #mestradeobra

Dende xaneiro no cole tivemos unha revolución que implicou pensamento arquitectónico, moreas de creatividade e montañas de motivación. Trátase do proxecto #mestradeobra que xunto co CFR de Ferrol e con Fermín e Leticia de Sistema Lupo fomos desenvolvendo no cole.

Realizamos diversas actividades: 

  • Unha reunión inicial cos arquitectos, concello, familias e profesorado
  • Unha investigación en familia sobre as orixes e o pasado do centro
  • Aprendizaxe sobre escalas
  • Lectura e interpretación de planos e mapas
  • Traballo do pensamento crítico a través dunha análise DAFO
  • Creación de planos coas nosas ideas sobre o que nos faría felices no cole
  • Taller de construcción con pezas Lupo con Leticia e Laura
  • Formación co profesorado
  • Búsqueda do tesouro
  • Creación de maquetas
  • Exposición das nosas maquetas
  • Presentación do anteproxecto á comunidade educativa

Para ler con calma toda a información das actividades e ver as fotos de cada unha delas, podedes facer click na seguinte imaxe:

Ademáis da presentación das maquetas, os nenos e nenas de Centieiras nos explicaron como está recollido no seguinte vídeo o cole que queren. 

 

Despois de ter traballado tanto, Leticia e Fermín nos presentaron o anteproxecto que deseñaron para Centieiras. Podedes ollalo facendo click na imaxe de abaixo. A ilusión non nos cabe no corpo!

 

Talleres Lupo #mestradeobra - arquitectura na escola!

Durante esta semana, estamos a traballar nos talleres de arquitectura do programa #mestradeobra coas pezas súper Lupo. Grazas ás arquitectas Leticia e Laura seguimos aprendendo un montón de cousas sobre o pensamento espacial, a construcción de estructuras e o traballo en equipo. O mellor de todo é que aprendemos facendo! 

Talleres alumnado #mestradeobra

 

 

A maiores, os mestres e mestras tivemos unha formación con Fermín e Leticia para ir dando forma ao proxecto de mellora do centro que vai tomando forma pouco a pouco... que ilusión!

Formación profesorado #mestradeobra

#Mestradeobra. Actividade de investigación: planos da memoria

E arrancamos coa primeira actividade do proxecto #mestradeobra! Que ilusión!

Esta vez, necesitamos da memoria colectiva para recordar como era o noso edificio na antigüidade. Por iso, durante as vacacións de Entroido os nenos e nenas de Centieiras convertiranse en investigadores e investigadoras preguntando aos maiores como recordan o centro fai anos. Cada curso ten unha plantilla asignada, aínda que se vos apetece, vos animamos a facer mais de unha, a traer copias de fotos que teñades pola casa e así entre todos e todas recopilar información e recordos sobre o noso cole.

Ademáis da que levamos cada un/unha para a casa, tamén atoparedes as plantillas extras en adxuntos desta noticia.

Vémonos!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Logo do 25N

O pasado venres 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde o colexio quixemos contribuír a elo completando unha espiral nun espazo do xardín mediante a colocación dun adoquín por cada un dos alumnos/as e mestres/as que formamos parte do colexio. Previamente cada aula, xunto co seu alumnado, foron pintando unha das caras deses adoquíns coa cor que representa este día, a cor LILA.

Queremos agradecer de antemán a colaboración total que nos brindou o Concello de Fene, coa donación dos adoquíns para realizar a tarefa, e dun xeito especial, a unha parte do equipo de xardiñaría posto que realizaron o deseño da espiral e posteriormente o valeirado da terra para poder introducir cada un deses adoquíns. Un traballo EXCELENTE!!!

Premede na imaxe superiror para observar o chulísimo que nos quedou!!!

MOITAS GRAZAS!!!

SAMAÍN/HALLOWEEN EN CENTIEIRAS

Imaxe que nos leva á galería de fotos

Este pasado venres, 30 de outubro, tivemos a celebración da festa do Samaín/Halloween no noso colexio. Leváronse a cabo diferentes tarefas: lecturas a escuras, contos de medo, merendas arrepiantes... Todo iso plásmase na imaxe superior. Premede e desfrutade!!!

 

EXHIBICIÓN ACROSPORT VÍDEO

Aquí tedes unha pequena mostra da exhibición de acrosport.Se queredes velas ao completo clicade nos enlaces que aparecen a continuación do vídeo.



 
Distribuir contido