Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Crónicas de Centieiras: marzo 2022

O xoves 24 de marzo os grupos de 5ºEI e 5ºB EP fomos á radio. Alí gravamos o noso programa de marzo que vos deixamos por aquí. Esperamos que vos guste!

 

 

http://173.255.131.18/audio/250322CRONICAS.mp3

SEMANA DA PRENSA

 A semana pasada celebrouse a SEMANA DA PRENSA.

Para a súa conmemoración  nenas e nenos realizaron distintas actividades partindo da "Ciencia" pois como sabedes é o tema do proxecto documental integrado de centro este curso.

Obradoiros, elaboración e redacción de novas científicas para o xornal "Pingas de ciencia", mural de novas científicas,... foron algunhas das tarefas realizadas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste traballo.

 

St. Patrick's Day 2022 - Let's catch a Leprechaun!

 

☘️☘️☘️ Hear hear! St. Patrick's Day is near! ☘️☘️☘️

 

Do you have your leprechaun trap ready? Bring it to Centieiras! I propose you the following activities:

1) Watch and listen How to catch a leprechaun. Click here.

2) Review St. Patrick's Day vocabulary. Click here

3) Do the wordsearch. Click here.

 

4) Prepare your leprechaun trap for 17th of March eve and let's catch a leprechaun!

 

☘️ ☘️ ☘️ I hope you like it! ☘️ ☘️ ☘️

II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

O día 8 de marzo realizaremos a  segunda xornada de portas abertas.

O horario para poder ver o noso centro será de 16:00 a 17:00, en dúas quendas, a primeira de 16:00 a 16:30 e a segunda de 16:30 a 17:00.

Para poder asistir debedes enviar un mail ao correo ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal indicando o voso nome e a quenda.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS: FEBREIRO

Aquí vos traemos unha nova edición do noso programa “Crónicas de Centieiras" coa participación das nenas e nenos de 5ºA de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil.

 Se non tivestes a ocasión de escoitalo aquí vos deixamos o enlace para que poidades acceder a el.

Esperamos que vos guste!

http://173.255.131.18/audio/250222CRONICAS.mp3

 

 

 

 

 

 

Nova orde de avaliación

Adxuntamos a Orde do 25 de Xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación.

 

 

Distribuir contido