Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Plurilingüismo
Roll a Miró
Hello family and friends!
Na materia de Arts en 1º e 2º comezamos este curso traballando no artista catalán Joan Miró. Aprendimos a little bit sobre a súa vida e as súas obras e fixemos a nosa versión dos cadros do artista. Para realizar as nosas obras seguimos a dinámica de ‘’Roll the dice and draw’’, cada grupo tiña un dado e unha plantilla e tiveron que ir tirando o dado para realizar as diferentes partes do debuxo.
Foi a nosa nova profe Valentina a encargada de axudarnos a leer as plantillas. Este foi o resultado...We are artists!
Coñecemos a Louise Bourgeois, a artista coñecida como "Muller Araña".
En 5º e 6º de primaria estivemos a traballar sobre esta artista tan especial, aproveitando que se achega o Samaín e que Louise Bourgeois adoraba as arañas. Estas criaturas, que a algúns e algunhas nos producen arrepío, á escultora francesa encantábanlle, posto que lle lembraban á súa nai por ser criaturas protectoras, coidadoras, dispostas a axudar e intelixentes, como a súa nai á que sempre lle profesou un gran amor. Por iso creou, entre outras obras unhas esculturas xigantes con forma de araña ás que chamou "Maman", a palabra francesa para "mamá".
Despois de ler sobre a artista francesa e escoitar o conto "Louise Bourgeois Made Giant Spiders and Wasn't Sorry", contado por Valentina, a nosa auxiliar de conversa, as nenas e nenos de quinto e sexto comezaron a crear as súas esculturas de araña, emulando a obra de Louise Bourgeois.
Parodiamos O Grito, o famoso cadro de Edvard Munch
Agora que se achega o Samaín, o alumnado de 5º e 6º fixo en Arts as súas parodias deste coñecido cadro relacionado co medo no que vemos unha figura berrando en primeiro plano.
Nas súas versións, son elas e eles quenes berran de terror... ou será de risa? Xulgade vós, podedes velas no segundo piso.
Traballamos sobre Yayoi Kusama en Arts
Na clase de Arts de 6º EP achegámonos á obra e á biografía da artista xaponesa Yayoi Kusama cunha caixa de aprendizaxe chea de material e información sobre ela e co seguinte vídeo, co que podedes aprender máis sobre a artista que creou un universo de puntos.
A continuación, fixémoslle a nosa propia homenaxe creando uns coloridos traballos con setas decoradas con puntos, inspiradas na obra desta particular artista.
Podedes desfrutar da exposición de cogomelos feitos polo alumnado de 6º e das cabazas creadas pola rapazada de 5º na planta baixa da escola. Non vola perdades, merece a pena ver estas marabillosas obras de arte en persoa.
Coñecemos a Yayoi Kusama en Arts
Na clase de Arts de 5º EP coñecemos á artista xaponesa Yayoi Kusama cunha caixa de aprendizaxe chea de material e información sobre ela e co seguinte vídeo, co que podedes aprender máis sobre a biografía da artista que creou un universo de puntos.
A continuación, fixemos a nosa homenaxe creando unhas cabazas coloridas e decoradas con puntos, inspiradas na obra desta particular artista.
Podedes desfrutar da exposición das cabazas feitas polo alumnado de 5º e dos cogomelos creados pola rapazada de 6º na planta baixa da escola. Non vola perdades, merece a pena ver estas marabillosas obras de arte en persoa.
Os artistas de 5º e 6º emularon a Miró
Na materia de Arts en 5º e 6º comezamos traballando sobre o artista Joan Miró e, ademais de aprender sobre a súa biografía e a súa obra, tamén realizaron as súas versións de cadros do artista catalán.
Os rapaces e rapazas realizaron estes traballos mediante un xogo de "roll and draw", é dicir, lanzando os dados e engadindo elementos ao debuxo segundo o resultado obtido.
Así, o azar e a creatividade dos nenos e nenas fixeron que os traballos quedaran así de ben:
Coñecendo a Jean-Michel Basquiat
O alumnado de terceiro ciclo comezou a traballar en Arts sobre o artista Jean-Michel Basquiat.
Traballamos sobre Georgia O’Keeffe en Arts
O alumnado de primaria estivo aprendendo moito sobre a vida e a obra da artista Georgia O'Keeffe en Arts.
Ademais, preparamos unha instalación artística de flores feitas con papel de xornais vellos, reutilizando este material de refugallo e dándolle unha segunda vida para decorar a planta baixa da escola. Deste xeito, esta actividade, ademais de achegar a figura de Georgia O'Keeffe ao alumnado e de desenvolver a súa creatividade, enmárcase no PDI do centro.
Hilma af Klint, a pioneira do arte abstracto
En Arts de 5º e 6º estivemos traballando sobre a marabillosa pintora Hilma af Klint, que nos abraiou coas súas espectaculares obras e coa súa incrible historia.
Neste mes de marzo, mes da muller, en Arts de terceiro ciclo estamos afondando sobre mulleres artistas, e tras Bridget Riley como figura representativa do Op art, desta volta tocoulle o turno á artista sueca Hilma af Klint, que foi a pioneira do arte abstracto, xa que creou os seus primeiros cadros abstractos en 1906, anos antes que Wassily Kandinsky, Piet Mondrian e Kazimir Malévich, quenes tradicionalmente foron considerados os primeiros en realizar obras deste tipo.
Os cadros abstractos de Klint non foron coñecidos ata 1986, xa que ela mesma deixou instrucións de que as súas obras debían permanecer ocultas e non podían ser amosadas ao público ata polo menos vinte anos despois da súa muerte, debido a que consideraba que a xente da súa época non estaba preparada e non comprendería ese tipo de arte.
Tanto a biografía coma a obra desta incrible muller son merecedoras de que todas e todos investiguemos e afondemos máis sobre elas. Polo menos a nós, Hilma roubounos o corazón.
Tras coñecela e admirar as súas obras, os rapaces e rapazas de 5º e 6º crearon a súa persoal versión do arte de Hilma, mesturando formas xeométricas e outras máis orgánicas que nos lembran ás que atopamos na natureza, empregando cores vivas e vibrantes. Ademais, debían engadir, como mínimo, un adxectivo en inglés que elas e eles consideren que describe como son as mulleres.
O resultado, coma sempre, un espectáculo para os sentidos, ou se non, vide ver a exposición da planta baixa da escola e veredes.
O Leprechaun estivo en Centieiras!
Un ano máis o Leprechaun estivo facendo das súas en Centieiras, pero logrou fuxir e non caeu en ningunha das trampas preparadas polo alumnado da escola. Iso si, deixoulles un pequeno agasallo en forma de tatuaxes temporais e ciscou trevos de papel polas trampas como sinal da súa visita... algo é algo!
Houbo moitísimas trampas, todas marabillosas e feitas con gran enxeño, mais este Leprechaun é un fedello e non hai quen o pille!
Ademais, tiñamos un photocall para nos converter en simpáticos Leprechauns, mirade que riquiñas e riquiños están:
Better luck next year and happy Saint Patrick's Day!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »