Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Convive-T: Plan director
A semana pasada no terceiro ciclo tivemos a primeira sesión do Plan director da garda civil na que tratamos as boas prácticas no entorno virtual, falamos sobre a utilidade nos nosos días e sobre os perigos e riscos que corremos se non temos formación adecuada neste ámbito.
A PALABRA FAVORITA
Estas son as palabras galegas que as nenas e nenos do noso cole escolleron como favoritas do mes de Xaneiro.
A que son fermosas? Representan moi ben a nosa lingua.
Festival de Nadal Centieiras 2021
Presentámosvos estas cancións, contos e bailes con todo o noso cariño. Felices festas e vémonos á volta!
Crónicas de Centieiras (programa de decembro)
Chega decembro e con el unha nova entrega do noso programa de radio "Crónicas de Centieiras".
Nesta ocasión as nenas e nenos de 5º B e de 2º de Educación Primaria foron os encargados da súa preparación.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitalo.
http://173.255.131.18/audio/171221CRONICAS.mp3
O Slime perfecto de 5ºEP!
Actividade dos nenos e nenas de 5ºEP enmarcada dentro do programa Novos Materiais organizado pola Axencia de Innovación Galega. Que ben o pasaron!
ç
AS NOSAS PALABRAS FAVORITAS DO MES DE NOVEMBRO
Continuamos recollendo as palabras favoritas da nosa lingua para as nenas e nenos de Centieiras.
Estas foron as máis votadas entre o alumnado no mes de novembro.
CONVÍVE-T: Obradoiros de habilidades sociais e prevención de riscos no uso das Tics.
Este mes de decembro o alumnado do terceiro ciclo estamos participando nunhas sesións sobre habilidades sociais e prevención de riscos no uso das Tics. Estes obradoiros os enmarcamos dentro das actividades propostas no Contrato-programa Convíve-T. Mª José Paz, pedagoga do concello é a coordinadora destas xornadas que organiza e oferta o concello de Fene para o alumnado e as familias.
CIENCIA CON MOITO SENTIDIÑO
Este Luns 29 de Novembro o alumnado de Educación Infantil , 1º , 2º e 3º de Educación Primaria realizaron diferentes talleres nos que puxeron a traballar todos os seus sentidos. Contamos coa colaboración dos amigos do "Comite de Investigación sobre Sentidoloxía Corporal" cos que desenrolamos os nosos sentidos para poder deste xeito axudar á fauna mariña.
Velaquí algunhas imaxes dos talleres.
Coreografía de 5º: o círculo de lume
Coreografía realizada polos nenos e nenas de 5ºEP coa axuda das mestras Sabela, Bibiana e Sandra para o concurso COREOGRAFÍATE 2021.
Vestiario deles e delas, "o que había pola casa".
Gravación e montaxe feita pola mestra Iria.
Canción: "Figa", Tanxugueiras. Bailaríns e bailarinas: ALDARA, ALICIA, BELÉN, BEXI, BRUNO, CARLA, CARMEN, CAROLINA, EMMA, JIMENA, LUIS, MISHELLE, SABELA E VERA.
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Durante esta semana celebramos o Día Internacional Contra a violencia de xénero. Entre algunhas das actividades que fixemos están as propostas pola FANPA Ferrolterra entre elas un flash mob e unhas tarxetas con mensaxes contra a violencia de xénero; tamén traballamos o conto Artur e Clementina e fixemos unhas chapas.
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS
Un curso máis o programa de radio "Crónicas de Centieiras" comeza a súa andaina.
Estamos moi emocionados pois, despois dun ano sen poder acudir aos estudos de Radio Fene por mor da pandemia, este curso volvemos gravar alí.
Este primeiro programa foi desenvolvido polo alumnado de 4ºEP que contou coa colabración dos nenos e das nenas de 1ºEP.
Fíxolles moita ilusión entrar no estudo de gravación, ter diante os micrófonos... Estaban algo nerviosos, pero, aínda así, fixéronno xenial!!!
Esperamos que vos guste.
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS Novembro 2021
Ata o próximo programa!!!
Resultados eleccións consello escolar
Bo día,
O resultado das eleccións ao consello escolar quedou como segue:
Sector Profesorado:
- Espiñeira Filgueiras, Mª Macarena
- Fernández López, Andrea
Suplentes:
- Pernas Pérez, Alberto
- Acevedo Varela, Mª Cristina
- Leira Moreno, Mª Carmen
- González Varela, Abel
Sector familias:
- Doce Rodríguez, Silvia
- De la Viña Catro, Lorena
Suplentes:
- Gomez Freire, Mª Raquel
- Salorio Yañez Auria
- De Santiago Fernández, Paula
Sector PAS:
- Hermida González, Yolanda Josefina
Así mesmo, dende o concello e a ANPA escollaron ás seguintes representantes:
- ANPA: Ledicia Trillo González
- Concello: Juana Barro Couto
Atentamente,
Iria González Grande
Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras
Creación dun poboado de Nadal
Dende a ANPA nos lanzan a seguinte acción para decorar o centro no Nadal: crear un poboado de nadal entre todos e todas. Para elo, pedimos a colaboración de toda a comunidade educativa. A idea é seguindo o poboado do ano pasado, crear casiñas, unha escola, unha estación de tren, vexetación... sempre feitas con cartón (dándolle a volta ás caixas para que non se vexan as marcas) ou materiais reciclados pero sen usar plásticos. As seguintes imaxe spoden servir de guía:
A data límite para traelas será o venres 26 de novembro.
Grazas pola vosa colaboración!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »