Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Mes da Ciencia. Charla-obradoiro Avances tecnolóxicos

 

Este martes 16 de novembro o alumnado do 3º ciclo de E. Primaria tivemos unha charla- obradoiro sobre os avances tecnolóxicos na medicina. Guillermo, pai de Emma Moreira Moure e o seu compañeiro Antonio organizáronnos unha entretida e interesantísima charla. Temos que agradeceslles a dedicación, a paciencia e o ben que nolo explicaron todo. 

                      

                                     

                                                                        

Publicados os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Adxúntase a publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2021/22. (código de procedemento ED330E).

Non ten que presentar a solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

Mais información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

Aprobados por Xefatura Territorial os días non lectivos do curso 2021-2022

A día de hoxe recibimos unha notificación de Xefatura Territorial aprobando os días non lectivos deste curso, o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.

A MIÑA PALABRA GALEGA FAVORITA

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro queremos presentarvos unha nova proposta de actividade que imos realizar ao longo deste curso con caracter mensual: “A MIÑA PALABRA GALEGA FAVORITA”.

Con ela pretendemos que o alumnado busque, recolla, coñeza e comparta con todos nós aquelas palabras que considera máis bonitas, curiosas e propias da nosa lingua. 

Agardamos que esta actividade vos guste, e desfrutedes descubrindo cales son as palabras galegas favoritas das nenas e nenos de Centieiras.

Estas son as palabras favoritas do mes de Outubro.

 

O SAMAÍN EN CENTIEIRAS

 

O venres 29 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Foi un día moi entretido, divertido e...pasámolo de medo!!!

 

Tivemos un feixe de actividades, entre elas: decoración das portas das aulas e dos recantos do colexio, exposición de cabazas, merendas terroríficas, fotos arrepiantes no incrible photocall creado polo Anpa do cole, lecturas a escuras, lecturas dos contos de medo dos gañadores, sesións de medo en E.F e visionado de películas de medo.

 

Botade unha ollada ao ben que o pasamos...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween

Let's go back to classics!

Este ano dende Centieiras propoñémosvos as seguintes actividades para Samaín/Halloween:

Os días mércores 27, xoves 28 e venres 29 terá lugar no cole a exhibición de cabazas de Samaín. Por iso, todas as persoas que queiran participar deberán traer a súa cabaza decorada e expoñela na entrada do cole o mércores 27 de outubro.

Ademáis, o venres 29 teremos unha xornada especial de medo na que os nenos/nenas, PAS e profes de Centieiras poderán vir disfrazados seguindo a temática deste ano: Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween! Para isto, non se poderá vir disfrazado de ningunha personaxe do século XXI nin con caretas (valen personaxes ata o ano 2000 incluído). Trátase dunha iniciativa maravillosa para descubrir en familia pelis, contos e tradicións coas que enriquecernos.

This is Halloween! Have fun!

PXA curso 2021-2022

Presentamos a PXA do curso 2021-2022 aprobada por Claustro e Consello escolar o marte 19 de outubro de 2021.

PXA 2021-2022

 

Cambio das rutas de transporte escolar a partir do 1 de decembro

As rutas de transporte escolar cambian a partires do 1 de decembro e hai moitas paradas que non están reflexadas nas novas rutas. Para solventalo, necesitamos que as familias usuarias nos envíen marcado no mapa adxunto mais abaixo as paradas onde están subindo e baixando o s seus fillos/as. Desta maneira podemos reclamalas ante a xefatura territorial. O prazo para enviar as paradas remata mañá xoves 14 de outubro ás 11:30h, polo que pregamos rapidez. Podedes envialas ao correo do centro co nome e apelidos do neno/a usuario/a: ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal

Así mesmo, como Abalar non me permite deixar o canle aberto de comunicación por favor, calquer incidencia/problema no envío das paradas escribide ao correo do centro e tentaremos solucionala o antes posible.

 

Moitas grazas.

Listaxe material por cursos 2021-2022

A continuación atoparedes adxuntas as listas de material de educación primaria por nivel educativo.

Parvas saudables curso 2021/2022

Durante este curso escolar continuaremos a traballar a dieta saudable, polo que as parvas se manteñen como o ano pasado:

Titorías grupos clase e especialidades curso 2021/2022

EDUCACIÓN INFANTIL: 

4º Educación infantil: Beatriz Gamallo Permuy

5º Educación infantil: Josefina Herreros Calvo

6º Educación infantil: María Teresa Carpente Eiroa

Mestra de apoio de infantil: Silvia María Filgueira Pena

EDUCACIÓN PRIMARIA: 

1º Educación primaria: Andrea Fernández López

2º Educación primaria: Alberto Pernas Pérez 

3º Educación primaria: María del Carmen Leira Moreno

4º Educación primaria: Ana María Barro Casas

5º Educación primaria, grupo A: Bibiana Grandal Mourente

5º Educación primaria, grupo B: María Cristina Acevedo Varela

6º Educación primaria: Isabel Torrente Seco 

PROFESORADO ESPECIALISTA: 

Educación Física: Abel González Varela

1ª de inglés: Iria González Grande

2º de inglés: Bibiana Grandal Mourente 

Música: Sabela Paz Romero

Orientación: Lorena López Ramudo, compartida con CEIP Os Casais, CEIP de Sillobre e Santiago  Apóstolo

Pedagoxía Terapéutica: María Macarena Espiñeira Filgueiras 

Audición e Linguaxe: Gloria Gómez Edreira, compartida co CPI A Xunqueira (centro base)

Relixión Católica: Teresa María Anca Ardao, compartida co CEIP Juan de Lángara

Francés: Pendente de resolución

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

Con motivo do inicio de curso, e coa finalidade de aportar a información necesaria para o mesmo, así como de aclarar dúbidas que podan surxir, convócase  as seguintes reunións:

DATA: 7 SETEMBRO

HORARIO: 11:00 h 4ºE.I

                11:05 h 5ºE.I

                11:10 h 6ºE.I

LUGAR: non entrar no patio cuberto ata a hora da reunión.

IMPORTANTE: soamente pode vir un membro por familia.

 

 

Distribuir contido