Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Convocatoria axudas libros de texto e material escolar
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REALIZARASE PREFERENTEMENTE POR VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO (coa chave365):
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Excepcionalmente no centro educativo, no horario de atención ás familias:
Luns - mércores - xoves 9:00-10:30
BENEFICIARIOS: Alumnado de educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.
MODALIDADES:
- Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º 3º e 4º e educación especial.
O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.
- Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación :
- Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
- Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.
Consentimento para a comprobación de datos .
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:
- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.