Inauguramos o curso escolar 2017-2018 recordando ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares.
Na planta baixa do colexio pódese contemplar unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo, da novela de Saint- Exupéry: “Le Petit Prince” (O Principiño) que Carlos Casares traduciu ao noso idioma en 1972.
A exposición pódese visitar ata o día 30 de setembro.
Poden visitala a primeira hora e ultima hora da mañá(de 9 a 10h e de 13 a 14 h.), de 15h. a 16h. e os martes pola tarde dende as 15h. ata as 19 horas.
Convídamolos a que aproveiten esta ocasión para visitar e gozar con esta mostra tan particular e única.
Podedes entrar no blog da biblioteca para ter máis información