ENTROIDO 2017

 

O pasado venres 24 de febreiro, celebramos no colexio o Entroido en compañía das familias do alumnado e da veciñanza do colexio. Os disfraces se elaboraron tendo en conta o proxecto do centro: “Tod@s en xogo” e as propostas foron as seguintes: O alumnado de infantil foi disfrazado de esgrima, os de primeiro e segundo, foron de hípica, os de terceiro e cuarto foron de tiro con arco e por último, o alumnado de quinto e sexto de primaria foron de halterofilia.

 

Despois dun momento de convivencia, degustando doces típicos do entroido, o alumnado subiu ás aulas para rematar de prepararse e sobre as 11 saíron e desfilaron diante das familias mostrando os seus disfraces. A continuación, despois dunha interesante sesión de fotos coas familias, se comezou o desfile polas rúas do contorno do colexio en compañía das familias.

Ao rematar o desfile, xuntámonos no patio dianteiro e procedeuse á lectura do pregón polo alumnado de 6º e á “queima do Meco” que tamén estaba relacionado co proxecto e co respecto polas normas no deporte. Tardou algo en queimar, pero cos folgos que entre todos/as se lle insuflaron (“Arde, Meco, arde”), conseguiuse queimar de todo.

Por último, rematamos a xornada, cun tempo de convivencia e degustación de doces típicos do entroido en compañía das familias. Resultou un día moi completo e divertido e os disfraces quedaron moi vistosos. Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que chegue o do vindeiro ano.

Deixámosvos un vídeo resumo no que se poden visualizar os mellores momentos do Entroido 2017. O vídeo foi elaborado polo Departamento TIC, quedou moi vistoso e agardamos que sexa do voso agrado. Grazas por compartir unha xornada festiva tan animada connosco.

Powered by Drupal - Design by artinet