O luns día 2 de maio estivo no colexio a exposición "Ciencia en movemento". Trátase dunha iniciativa privada, que coa colaboración do Concello de Redondela visita os centros escolares. A exposición componse dunha serie de experimentos que chaman moito a atención por diferentes características. Os alumnos de 5º e 6º asistiron e participaron activamente na realización e observación dos diferentes apartados. Punto de equilibrio, movemento perpetuo, materiais do mais diverso, magnetismo, lámpada de Tesla, motores stirling,... todos eles experimentados de primeira man polos nosos alumnos, e é que o título da exposición : Prohibido non tocar" correspondeu coa realidade.