CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

Os comedores escolares dos centros públicos funcionarán desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive.

– Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Semana Santa: desde o día 14  ata o día 21 de abril de 2024, ambos inclusive.

As festas laborais de carácter local de Redondela son: luns, 28 de abril e xoves, 19 de xuño.

O Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2024/25 celebrarase o 31 de outubro de 2024.

Powered by Drupal - Design by artinet