Malia o tempo meteorolóxico, todos xuntos saímos celebrar o Entroido. Con humor e gañas de pasalo ben, disfrazámonos e fomos de ruada pola parroquia. Houbo moitos disfraces e moi bonitos e ata algúns pais e algunhas nais se animáron a acompañarnos, disfrazados tamén. Todo transcorreu nun ambiente de festa e ata a choiva nos respetou. Ao remate da queima do Meco degustamos os postres típicos que as familias tiveron a amabilidade de preparar.
Moitas grazas a todos e a todas polo traballo feito. O ano que vén volveremos... malia o tempo.
E se queres ver os mellores momentos en vídeo, preme no enlace seguinte ENTROIDO NO CEIP DE CEDEIRA