DE CANDO O MAR CHEGABA A REDONDELA

Hoxe recibimos no colexio a José Antonio Orge Quinteiro, autor do libro "Redondela a través do tempo". Falounos do cambio que sufríu Redondela ao longo dun século ilustrando a súa charla con numerosas fotografías comparativas da "nova" e da "vella" Redondela. O alumnado quedou moi impresionado polo cambio da súa vila e todos coincidimos en que a conservación do patrimonio é esencial para o mantemento da nosa identidade. Dámoslle as grazas a José Antonio pola súa amabilidade.

Powered by Drupal - Design by artinet