Esta fin de semana celebráronse en Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, ás que asistimos un grupo de profesoras do colexio.
Este ano centrouse sobre a necesidade de educar para una lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, pois, na sociedade actual, a información transmítese por múltiples canles. Nos colexios, e a través das bibliotecas escolares, os usuarios poden adquirir as competencias necesarias para moverse polo mundo da información. Por iso o lema das xornadas foi LER PARA VER.
Houbo tres conferencias e presentación de experiencias por parte dos centros de Infantil, Primaria e Secundaria, do que se está a facer neste ámbito, que é moito e ben.
Entre as conclusións ás que se chegou foi que a Biblioteca debe ser o corazón do centro, e nesa liña estamos a camiñar porque cremos que é posible educar doutro xeito.