ESTE ANO "VAI DE MAR"


EXPOSICIÓN "VAI DE MAR"


A partir do 7 de novembro e ata o día 22, temos no colexio unha colección itinerante de 17 debuxos e pinturas de varios ilustradores de libros infantís e xuvenís. A colección titúlase "Vai de mar" e pertence a Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).


É unha mostra que pretende achegar a actualidade da ilustración infantil e xuvenil galega a un público especialmente interesado nas imaxes para nenos e nenas. As obras expostas foron realizadas por 17 artistas que tivesen algunha obra coa temática do mar.


Un mar que propicie distintas olladas e sentimentos, reflectidos en manchas de cor, riscos de lapis, técnicas mixtas e tamén como nexo con outros mares.


 

Powered by Drupal - Design by artinet