CULTURGAL EN PONTEVEDRA

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas. Dende o venres 2 ata o domingo 4 multitude de actividades para nenos e maiores converten por uns días a Pontevedra na capital da cultura galega: contacontos, concertos, presentación de libros e discos, multimedia, conferencias, teatro, danza, obradoiros, maxia, novas tecnoloxías,...

Todo isto, e de balde, no Pazo da Cultura de Pontevedra.


Powered by Drupal - Design by artinet