Eventos
O venres 7 de abril os alumnos e alumnas de sexto fixemos unha videoconferencia co CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes. Nela presentámonos xa que hai a posibilidade de que compartamos clase o ano que vén no Instituto. Foi unha primeira toma de contacto, na que descobrimos que algúns nenos xa se coñecían por coincidir en diversas actividades, onde, tamén, contámonos que actividades facemos nos coles, que proxecto traballamos, que visitas fixemos, de que nos disfrazamos no entroido, en fin, pasada a vergonza inicial foi un intercambio do máis produtivo. Xa quedamos en mandarnos uns e-mails para presentarnos con máis detalle e tamén en vermonos no centro de Redondela antes do fin de curso para facer algunhas actividades.
O pasado martes 9 de maio, a canle autonómica de televisión de Galicia (TVG) emitiu un programa, sobre as 10:30 da noite, titulado “O MELLOR CHOCO DO MUNDO” no que se fixeron reportaxes de diversos lugares da provincia, e entre eles, Redondela, onde falaron de como capturaban os chocos e tamén fixeron unha reportaxe no CEIP de Cedeira, xa que a nosa mascota da Biblioteca tamén é un choco, “O Choco Tinteiro”. Estiveron falando co director Xosé Luis, con distintos mestres e mestras do centro e co alumnado. Explicáronlle como xurdiu a idea da nosa mascota e o que representa tanto para os mestres e mestras como para o alumnado. Podedes ver o referente ao noso cole a partir do minuto 42:41