Eventos
O pasado 11 de novembro celebrouse o Magosto no cole de Cedeira. Mentres os asadores e asadoras facían o seu traballo co lume e as castañas, os demais nenos e nenas do cole participamos en diferentes xogos tradicionais relacionados coa festa. Así, houbo circuítos con castañas na culler, probas de habilidade superando obstáculos con castañas nun prato, o baile da castaña e así moitos máis.
Na hora da merenda corremos cos nosos cucuruchos de papel que semellaban antorchas olímpicas a buscar as saborosas castañas. Velaí algunhas fotos do día.
Antonio Lago Rivera (1916-1990) foi un pintor da Coruña do que se cumpren 100 anos do seu nacemento. Con este motivo en Vigo, na Sala de Exposicións de Afundación, do Teatro García Barbón, estase a celebrar unha exposición que percorre gran parte da súa obra.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acudimos a visitala o pasado 17 de novembro e pasámolo xenial!!!. A visita estaba organizada en dúas partes, nas que participamos alternativamente, unha e outra clase. Nunha parte, se nos facilitaba, por equipos unha serie de pistas coas que tiñamos que buscar certos cadros que respostasen as características dadas. Noutra parte, participamos nun obradoiro, no que debiamos experimentar coa mistura de certas cores.
Rematamos comendo na Praza de Compostela, baixo a vixiancia do Almirante Mendez Nuñez.
O pasado 21 de novembro, acercouse ao colexio un inspector de policía, da comisaría de Vigo, experto en delictos informáticos para darnos unha charla aos alumnos de quinto e sexto sobre os perigos da internet. Nela falounos de moitos aspectos de internet nos que debiamos ter moito coidado. Tamén que é importante que nenos e nenas da nosa idade no accederamos a servicios que están pensados para máis maiores.
Démonos conta que hai nenos e nenas que utilizan aplicacións que están orientadas á xente maior e que iso pode ser moi perigoso.
Avisounos dos perigos de aplicacións coma o Whatsapp, Facebook, Instagram, determinados xogos en liña,... e outros que semellan sen importancia pero que teñen a súa amenaza.
O 25 de novembro é o día sinalado pola ONU coma o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Con ese motivo, quixemos desde o cole celebralo dunha maneira algo especial. Xa que estamos de cheo metidos no proxecto "Tod@s en Xogo" , elaboramos unha serie de mensaxes para dicir BASTA!!! á violencia de xénero.
Preparamos os focos, as cámaras, os micros e... Primeira das emisións de CEDEIRA TV, a canle de información do noso cole. O resultado foi o seguinte. Convidámosvos a velo premendo no logo desta entrada ou no situado á esquerda desta páxina web... FACÉDEO VOSA CANLE DE REFERENCIA