Entroido 2017

Hoxe celebramos o comezo do entroido por todo o alto! Este ano fixemos unha exposición de lembranzas do entroido donde as familias compartiron fotos de entroidos pasados. O tema deste ano foi o turismo. Poidemos ver turistas, mexican@s, mapas de google, chin@s, familias que van a praia e peregríns. Ademáis, como cada ano fixemos a queima do meco para que desapareza todo o malo do último ano.

 

Podedes ver as fotos aquí.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O CENTRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 TÓDALAS PERSOAS INTERESADAS TEÑEN A POSIBILIDADE DE COÑECER AS INSTALACIÓNS DO CENTRO E SOLUCIONAR CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑAN PARA A MATRÍCULA DO VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

 

DÍA MARTES 7 DE MARZO DE 16 A 18 HORAS

Unidade didáctica de lingua 5º: A nena á que non deixaban ser feliz

Podes traballar con esta unidade didáctica despois de ler o libro

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2022/2023

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 ALUMNADO NOVO NO CENTRO

CURSO 2022/2023

 

 

NORMATIVA DE APLICACIÓN- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado

en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de

educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de

maio, de educación. (código de procedemento ED550B)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 21 DE MARZO DE 2022

 

O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira

preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado

(ED550B)

 

ESTA SOLICITUDE SERÁ UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO CENTRO ) e terá carácter vinculante.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación. Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais, excepto as familias que se atopen na circunstancia seguinte; MOI IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

 

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Copia do documento acreditativo do requisito de idade do alumnado. ( D.N.I., PASAPORTE OU LIBRO DE FAMILIA )

c) O alumnado xa matriculado nun centro educativo, documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ( certificado de matrícula do centro de orixe ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

 

 

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

 

Tamén poden consultar a información actualizada nos arquivos adxuntos ( normativa, solicitude, prazas vacantes ... )

 

 

Actividade sobre os humedais.

O alumnado de 3ºA, 3ºB e 4ºB participou o xoves día 2 nos actos organizados polas Concellerías de Educación e Medio Ambiente de Vigo para a celebración do Dia Mundial dos humedais.

A actividade prevista era a saída ao Humedal da Bouza pero, por mor da climatoloxía adaptosea unha actividade xunto con outros centros no pabillón do CEIP Seis do Nadal.

Ao alumnado de cada clase se lle facilitou un disfraz dun animal pertencente á fauna do humedal e así disfrazados trasladádonse en autobús ata o devandito centro, onde se realizaron diversas actividades coa presencia do Sr. Alcalde e outras autoridades .

O obxectivo desta actividade é sensibilizar ao alumnado dos centros educativos próximos aos diversos humadais de Vigo, así como a cidadanía en xeral, a importancia que teñen para preservar a biodiversidade. No termo municipal cóntase cunha extensión de 314.000m², destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro, e en augas salobres a Xunqueira do Lagares.

Podedes ver máis fotos aquí.

INICÍASE O PROA

Esta semana comeza o PROA, unha modalidade de contratos-programa da Consellaría que procura o reforzo e a mellora das competencias de alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que impartirá a mestra Belén. Así, o luns comezan os grupos 1 e 2 e o mércores o grupo 3.

Podedes premer no arquivo adxunto de abaixo para ver as listaxes e saber en que grupo está o voso fillo/a, aínda que por motivos de privacidade só aparecen as iniciais do alumno/a e a clase na que está.

Ante calquera dúbida podedes consultar con Dirección, cos titores/as ou co Coordinador do programa (Daniel, titor de 1ºA).

 

Obradoiro de reciclaxe con Sogama.

O pasado venres 3 o alumnado de 5º participou nunha charla teórica interactiva sobre conceptos básicos ao redor da reciclaxe e a separación de residuos, adaptada a alumnos de primaria. 

Esta charla pertence á Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” 2016-2017, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O seu obxectivo é promover entre a cidadanía as boas prácticas ambientais e a correcta separación dos residuos, como oportunidade para acadar os beneficios económicos, ambientais e sociais que a reciclaxe trae consigo.

Ademais da charla, que resultou do máis enriquecedora,  obsequiáronnos cun  libro de pasatempos (para cada alumn@) e unha memoria USB con actividades para facer na clase. Tedes acceso a estes recursos no apartado de recursos da web.

Podedes ver un vídeo moi interesante: http://www.sogama.es/es/video-educativo-de-sogama

Para coñecer máis sobre a reciclaxe en: http://oportunidadesparareciclar.gal

 

RESERVA DE PRAZA ALUMNADO CURSO 2022/2023

RESERVA DE PRAZA CURSO 2022/2023

 

PRAZO - DESDE O 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2022

  2 CLASES DE DESTINATARIOS:

1.-ALUMNADO QUE REMATA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E CONTINÚE OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO, I.E.S.ALEXANDRE BÓVEDA

AO ALUMNADO QUE REMATA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E QUEIRA CONTINUAR OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO, I.E.S. ALEXANDRE BÓVEDA, ENTREGARÉMOSLLES A SOLICITUDE DE RESERVA FORMALIZADA, QUE DEBERÁN ENTREGAR CORRECTAMENTE CUBERTA E ASINADA NA SECRETARÍA DO C.E.I.P. BALAÍDOS DO 11 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO.

2.-ALUMNADO DO RESTO DE CURSOS QUE CONTINÚEN NO CENTRO NO CURSO 2022/2023

AO RESTO DO ALUMNADO QUE CONTINÚE OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO, ENVIARÉMOSLLES UNHA SOLICITUDE DE RESERVA QUE DEBERÁN ENTREGAR AOS TITORES/AS DO 11 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO

 

MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE NON QUEIRA CONTINUAR OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO OU QUEIRA FACER UN CAMBIO DE CENTRO, DEBERÁN PRESENTAR AS SOLICITUDES DE NOVA ADMISIÓN DO 1 DE MARZO ATA O 21 DE MARZO NO CENTRO DE DESTINO.

 

PODE CONSULTARSE A INFORMACIÓN OFICIAL NO SEGUINTE ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

30 de xaneiro de 2017. Día da paz.

Hoxe celebramos o día da paz no noso centro co tradicional manifesto, elaborado polos alumnos de 6º, a solta de pombas e a interpretación dun tema en lingua de signos. Este ano interpretamos "Apertas que voan" do disco Brinca Vai de Paco Nogueiras. 

A PAZ

                                A PAZ

A Paz from Ceip Balaídos on Vimeo.

Distribuir contido

Back to top