Actividade sobre os humedais.

O alumnado de 3ºA, 3ºB e 4ºB participou o xoves día 2 nos actos organizados polas Concellerías de Educación e Medio Ambiente de Vigo para a celebración do Dia Mundial dos humedais.

A actividade prevista era a saída ao Humedal da Bouza pero, por mor da climatoloxía adaptosea unha actividade xunto con outros centros no pabillón do CEIP Seis do Nadal.

Ao alumnado de cada clase se lle facilitou un disfraz dun animal pertencente á fauna do humedal e así disfrazados trasladádonse en autobús ata o devandito centro, onde se realizaron diversas actividades coa presencia do Sr. Alcalde e outras autoridades .

O obxectivo desta actividade é sensibilizar ao alumnado dos centros educativos próximos aos diversos humadais de Vigo, así como a cidadanía en xeral, a importancia que teñen para preservar a biodiversidade. No termo municipal cóntase cunha extensión de 314.000m², destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro, e en augas salobres a Xunqueira do Lagares.

Podedes ver máis fotos aquí.

Back to top