INICÍASE O PROA

Esta semana comeza o PROA, unha modalidade de contratos-programa da Consellaría que procura o reforzo e a mellora das competencias de alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que impartirá a mestra Belén. Así, o luns comezan os grupos 1 e 2 e o mércores o grupo 3.

Podedes premer no arquivo adxunto de abaixo para ver as listaxes e saber en que grupo está o voso fillo/a, aínda que por motivos de privacidade só aparecen as iniciais do alumno/a e a clase na que está.

Ante calquera dúbida podedes consultar con Dirección, cos titores/as ou co Coordinador do programa (Daniel, titor de 1ºA).

 

Back to top