Obradoiro de reciclaxe con Sogama.

O pasado venres 3 o alumnado de 5º participou nunha charla teórica interactiva sobre conceptos básicos ao redor da reciclaxe e a separación de residuos, adaptada a alumnos de primaria. 

Esta charla pertence á Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” 2016-2017, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O seu obxectivo é promover entre a cidadanía as boas prácticas ambientais e a correcta separación dos residuos, como oportunidade para acadar os beneficios económicos, ambientais e sociais que a reciclaxe trae consigo.

Ademais da charla, que resultou do máis enriquecedora,  obsequiáronnos cun  libro de pasatempos (para cada alumn@) e unha memoria USB con actividades para facer na clase. Tedes acceso a estes recursos no apartado de recursos da web.

Podedes ver un vídeo moi interesante: http://www.sogama.es/es/video-educativo-de-sogama

Para coñecer máis sobre a reciclaxe en: http://oportunidadesparareciclar.gal

 

Back to top