PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2022/2023
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
ALUMNADO NOVO NO CENTRO
CURSO 2022/2023
NORMATIVA DE APLICACIÓN- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado
en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de
educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación. (código de procedemento ED550B)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 1 AO 21 DE MARZO DE 2022
O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira
preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado
(ED550B)
ESTA SOLICITUDE SERÁ UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO CENTRO ) e terá carácter vinculante.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación. Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais, excepto as familias que se atopen na circunstancia seguinte; MOI IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
DOCUMENTACIÓN
«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
b) Copia do documento acreditativo do requisito de idade do alumnado. ( D.N.I., PASAPORTE OU LIBRO DE FAMILIA )
c) O alumnado xa matriculado nun centro educativo, documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ( certificado de matrícula do centro de orixe ).
d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO NO SEGUINTE ENLACE:
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
Tamén poden consultar a información actualizada nos arquivos adxuntos ( normativa, solicitude, prazas vacantes ... )