Xornadas sobre Erasmus+
A semana pasada participamos nunha formación organizada polo CFR de Vigo sobre proxectos Erasmus +. Contamos a nosa experiencia co proxecto KA122 Our eco-school is blooming, relacionado coa natureza e os residuos cero. Compartimos mesa co IES de Rodeira, aprendendo moito tamén das súas experiencias en Erasmus +.
Visita aos bombeiros
O alumnado de Segundo Disfrutou moito da visita aos Bombeiros.
PESAXE DE RESIDUOS DE OUTUBRO
Este é o resultado de pesaxe de residuos plásticos no cole en outubro, a ver se en novembro melloramos!!
RECREOS RESIDUOS CERO NA PRENSA
A semana pasada o Atlántico diario, a través do seu Xornal Escolar, deu difusión tanto na prensa escrita coma na súa canle Atlantico TV, do noso proxecto de reciclaxe. Os rapaces explicaron a iniciativa que se está a levar a cabo: Recreos Residuos Cero, lanzada pola plataforma Teachers for Future Spain. Así, cada semana unha clase é a encargada de pesar as bolsas do lixo do contenedor amarelo, que os mestres baleiramos no seu correspondente contenedor na rúa. O reto consiste en coller conciencia da cantidade de residuo de envases que se xeneran na hora da merenda e pouco a pouco ir reducindo estes residuos.
https:/youtu.be/F_QGaaxr83o?si=9Pc_ft=-ZG4bvW2A
Spooky autumn
Este ano comezamos un novo proxecto en 5º e 6º de Educación Primaria: temos Arts en inglés grazas ás seccións bilingües!
Empezamos o curso aprendendo un pouco de diversos artistas e coñecéndonos máis a nos mesmos a través do proxecto: "All about myself. My selfportrait".
Aprendimos un pouco sobre o Autumn e fixemos uns "Autumn leaves bowls" con arcilla. Mirade que bonitos nos quedaron!
Creamos con un pouco de axuda do compás e da xeometría estas cabazas, que son froitas típicas desta tempada!
Co motivo de Halloween, decoramos as nosas portas!
E... por último, pero non menos importante, aproveitamos que o Proxecto de centro deste ano é a ciencia e estamos argallando hipóteses de que pode suceder se facemos teas de araña con sal!
Esperade o resultado!
Robby is here!
Como indicamos en anteriores publicacións este ano temos un novo auxiliar de conversa: Robby!
Ven de Cleveland e vainos axudar a aprender máis inglés. Para que o coñecésemos mellor, fíxonos esta presentación. Aprendimos moito!
Spooky leaves!
Nos cursos de 1º e 3º elaboramos estas pumpkins and leaves moi aterradoras!
Autumn is here...and so is teacher Robby
Celebramos a chegada do outono facendo un mural moi especial, no que cada folla leva información sobre os gustos e afeccións do noso auxiliar de conversa, Robby: a súa cor favorita, o equipo que máis lle gusta, a súa canción preferida... e tamén creamos uns owls e unha decoración moi típica desta estación :) así coma unhas árbores cos nomes da nosa family and friends!